Agrís

Submitted by admin on Sun, 06/06/2021 - 20:33

Igrexa de Santa Cruz de Campolongo, (de Agrís) É unha Igrexa de Negreira que fun visitar hai 2 días. Pero non tiña a ubicación activada ou sexa que as fotos que saquei non tiñan posición GPS. Tiven que localizar indirectamente a posición da igrexa, sabendo que ía pola estrada ao miradoiro de Cotrón.

Así que, en principio, supuxen que era San Fins de Entíns, en Mazaricos (unha necrolóxica alí falaba dun enterro en San Fins, polo que supuxen que se refería a ese punto). Da que a Galipedia tiña coordenadas GPS, pero vistas esas coordenadas, referianse a un punto de Concurbión. Avisei aos da Galipedia e, rapidamente, correxírono.

Pero non era San Fins de Entíns, mirando imaxes resultou ser unha igrexa de Agrís. Cantos Agrís ten a Galipedia?

O topónimo Agrís pode referirse a varios lugares de Galicia:

un lugar da parroquia de Campolongo, en Negreira.

E chegamos ao obxectivo de celtia. Que significa Agrís? En celta, claro.

grís. 1. gs. of gríos1. 2. f = gríos1.  grís é o xenitivo singular de gríos e feminino, aparece na declinación

AINMNEACH

gríos

an gríos

GINIDEACH

grís

an ghrís

en feminino. Supoñemos que a latinización de an a a dá case agrios, parece intelixible e latino.

Pero veremos que é gríos1, m. (gs. -ís).1. Hot ashes, embers. 2. Heat, glow; ardour. 3. Rash; blotches (on skin). (Var:gs. ~a; f, gs. gríse)  e como se traduce

1. Cinzas quentes, brasas. 2. Calor, brillo; ardor. 3. Erupción; manchas (na pel).

Está a falar dun lugar caloroso, torrado polo sol.

Así é: O pico que contén a igrexa e o pequeno baile, vila ou caseríos está orientado para recibir o sol todo o día, non hai apenas árbores a esa altura e non hai montes maiores que Agrís no horizonte. Non hai sombra posible.

En resumo, destácase no nome a calidade de moi soleado que noutros puntos márcase con te, quente. Os moi frioleiros serán benvidos.