Abegondo, Mabegondo, Cullergondo, Beigondo

Submitted by admin on Thu, 07/20/2023 - 19:19

Primeiro, lemos a Galipedia e as súas incoherencias e falacias:

Abegondo

As primeiras referencias escritas ás igrexas cristiás que se crearon a partir das parroquias suevas do concello son do século IX. O "documento de Tructino" do 880, con Afonso II ao poder, fai referencia a dúas das igrexas de Abegondo: "sca. eulaliain auigondo cum sua villa et scm. tirsum in auegondo" (Santaia de Abegondo e San Tirso de Mabegondo) e cítanse como dentro do mesmo commisso ou comitatus (un "condado") de Némitos (ou Nendos), que foi o similar á comarca das Mariñas do século IX. Unha carta de doazón de Sobrado de 887, a "karta donationis quam fecit Sisnandus (sponse sue) domne Eldontie de uillis et de hominibus et de habere", cita "[...] iste sunt: in Nemitos, [...], Heletes cognomento Limenioni, Crendes, [...]”, mencionando ás igrexas de Limiñón ("o lugar de Heletes propiedade de Lemen") e Crendes. Escritos dos séculos X ao XI citan a outras vilas de Abegondo e ás súas igrexas. Escritos do mosteiro de Cis citan "[...] per archam inter Carraes et Cularagondo [....] per petram qui dividit inter Presidiu, et Iohancium et Iohancium et Villar, [...] per ipsam aquam usque ad Merum et inde per Merum usque ad Liminum [...]” mencionando a Cullergondo, o Vilar de Meangos e o paso do Mero por Limiñón. Documentos de Celanova de 934 mencionan "[...] in Nemitos Mavegondo", a Mabegondo; e noutro documento de Sobrado de 959 citan a Meangos "[...] in territorio Nemitos, uilla Melangus cum [...]". Un escrito de Santiago de 1020 cita a dúas igrexas nos lugares de Orto de San Román e Seixurra dicindo "[...] ad illos saxeos qui stant in ripa Mero inter Sanctum Romanum et Sexurriam et [...]". En 1044 cítase a Xuanzo dicindo "a villa que uocitant Iohanzu, territorio Nemitos, secus fluuium Mero [...]".[21][22] Así é que no século XIII a meirande parte das igrexas parroquiais actuais estarían construídas e vertebrando a poboación desta área da comarca.[22] As confrarías relixiosas, establecidas para representar ás 26 freguesías desta zona de Nendos pasou de ser 1 soa en 1594 a 18 en 1630-1650, unha menos que no século XXI.[23]

Toponimia

Abegondo é un topónimo de orixe xermánica[44]. O topónimo está composto por abe- 'auga' e -gondo 'terra'[25][45] (outros autores indican que se compón de ave- e -gondo[46]). Amais da propia parroquia de Abegondo, que dá nome ao concello, tamén as de Cullergondo e Mabegondo teñen esa mesma orixe xermánica con remate en -gondo.

Abegondo, Abegondo

 

Mabegondo, Abegondo

Mabegondo é un posible antropónimo xermánico que xorde entre o século VII e X.

Cullergondo, Abegondo

Cullergondo é un topónimo que data de entre o século VII e X. Para algúns autores é un antropónimo de orixe xermánica. Para outros, é un que ten cando menos unha parte da súa orixe en termos latinos. Propúxose que sería unha combinación do termo latino "culler" e o "-gondo" prerromano; ou incluso un derivado do termo latino para referirse aos cágados ou cullaropos.[3][4][5][6]

Beigondo, Santiso

Imos ver:

Mira que non ter mirado a Galipedia para informarme! que fácil!, abe- 'auga' e -gondo 'terra', de que dicionario? real ou inventado? pois  se miramos no wiktionary, https://gl.wiktionary.org/wiki/abe e infórmanos que en danés é mono. Do nórdico antigo api, di

  • abe
  1. (Zooloxía) Mono.

E de gondo non sabe nada. So hai que mirar as entradas de celtia de Gondomar para saber que non é nada fácil atopar Gondo en ningún idioma ou raíz idiomática.

Segunda falacia: é xermánico, porque, porque aparece, no primeiro listado das parroquias feito polo bispo Dumio, creo, e si, pode ser época sueva. Cal é a principal preocupación de Dumio, como se ve nos seus escritos? Desterrar o paganismo. De tal xeito, que no galego-portugués desterra os nomes da semana con relación aos deuses romanos paganos e impón as "feiras", primeira, segunda, terceira....

Impide seguramente que os nomes celtas das árbores sagradas se sigan dicindo e así o consegue: non se di dair, dise carballo, non se di nión dise freixo,...

Pero como en Irlanda, non pode separar os lugares tradicionais de culto celta dos novos crentes e o que fai é rebautizar os lugares con nomes de santos, reais ou imaxinarios que substitúan aos deuses  e deusas celtas antigos. De tal modo que Pena Graña conta como as parroquias galegas, en realidade, son divisións administrativas celtas, primeiro porque o pobo as coñece e respeta e segundo porque é neses lugares onde están os poboados, a poboación, as feiras e todo tipo de intercambio incluído o intercambio cos deuses.

Que se escribira por primeira vez o nome da parroquia na época sueva non significa que se use a lingua sueva para facelo. De feito, os suevos falaban latín, fundamentalmente, e non tería sentido impoñer nomes que a xente popular non entendese e case tampouco eles. O lóxico é que utilicen o celta polo que é coñecido polo pobo.

Terceira falacia: Hai que ter moita imaxinación para ligar todos eses nomes co xermánico. Auga-Terra, de existir iso en indoeuropeo, sería pronunciado por un atrasado mental para dicir algo incoherente, nada informativo, que non explica nada, informa nada e non lle interesa escoitar a ninguén. En que lingua din algo parecido a Auga-terra para referirse a algo?

Cuarta falacia: no concello con máis castros celtas de Galicia, querese dicir más falantes celtas que ningún outro, cambian a outro idioma, a un que non entenden, nin é latín, cunha extrema facilidade?

O que queda por facer é darlle un sentido a eses nomes en función da historia de Galicia, dos Saefes e a sua cultura ancestral:

Hai unha cultura Gondo, nesa terra de moitos gondos, unha cultura das serpes que hai en varios lugares gondo galegos coma Gondomil ou Gondomar que, ademais, teñen esculturas con serpes para reconfirmalos.

Ese lugar de adoradores de serpes- de ofilatría, que dicía Cuevillas- Gondo, dá lugar a que sinalen a capital A-be-gondo, Os (que) están en Gondo, na súa capital. Mabegondo, Ma-be-gondo, a planicie (que) está en Gondo, a planice deste reino. E así é.

Culler-gondo, deixámolo para outro momento.

Beigondo. Be-i-Gondo. Ainda que un pouco lonxe de Gondo, a xente deste lugar de Santiso pertencían á mesma cultura de Gondo e incluso, quizais, no seu reino. Están en Gondo, Son de Gondo.

Que facían? Ter como símbolo a serpe? Adoralas? Utilizalas na guerra como Aníbal, que lanzou  caldeiros cheos de serpentes aos barcos inimigos ? Usalas na decoración? Na mediciña? É dificil saber de que falamos sen inventar algo do que realmente non temos referencias. Deixemolo así e aquí.

A deusa das serpes minoica. A adoración non foi cousa só dalgúns galegos:

Deusaminoica