Sarceda, Sarceada

Submitted by admin on Tue, 07/25/2023 - 11:52

Temos unha Sarceda en Castroverde e unha Sarceada en Becerreá:

Sarceda, Montecubeiro, Castroverde

Co topónimo Sarceada podemos facer referencia a:

E aquí, enlazamos co cead gaélico, posiblemente, o orixinal

cead1, m. (gs. ~a, pl. ~anna). Leave. 1. Permission. .2. Licence 3. Pass, permit.

cead1, m. (gs. ~a, pl. ~anna). Saír. 1. Permiso. 2. Licenza. 3. Pase, permiso.

En Galicia cead dise, xeralmente, ced, latinizado en cedo u ceda pero con significado similar de "poder pasar, posibilidade de pasar, permiso para pasar".

En Becerreá e en Negueira, vemos, nembargantes, dise cead, Sarceada, latinizando cead co a.

Que significa, pois?, con Sar, con inundación, podes pasar por aquí. O cal confírmase cun mapa de nivel da zona. Pero primeiro imos mirar na Wikipedia española se hai máis lugares así.

Di que

Sarceda puede referirse a:

Imos ver neste último como realmente é así, un paso posible nun río ou rego cando está moi cheo, con inundación:

Mapa de Sarceda, Cantabria onde vese un paso do río Nasa nunha zona estreita (porque ten montes altos ao redor con camiños en espirais) e que resiste mellor as inundacións que as zonas máis abertas. Agora o topónimo refírese á localidade, máis arriba no monte, pero orixinalmente referíase á ponte de paso, incluso, con inundación.

Mapa de Sarceda, Boal, Asturias no que se ve que Sarceda está nun monte pero hai un rego abaixo da montaña ao que se chega por uns camiños en espiral (de moita pendente, polo tanto). Así,  por eses camiños, é máis doado de pasar, incluso con inundacións do rego. Se tes inundacións, pasa, vai por Sarceda, avisa o topónimo.

Tanto en Asturias coma en Cantabria os desniveis son maiores, os montes máis altos. Esa é a razón de ver o mapa neses casos.