póla, polavila, ramo, rama

Submitted by admin on Mon, 05/26/2025 - 11:09

póla [ɔ] substantivo feminino Cada unha das prolongacións que nacen do toro das árbores ou do talo das plantas e arbustos nas que abrochan, polo xeral, as follas, flores e froitos. Na póla do castiñeiro hai un enxame de abellas. SINÓNIMOS galla, rama, varelo CONFRÓNTESE gallo di a RAG

Non existe en castelán, así que póla vai sendo substituida por rama  rama substantivo feminino1 Parte dunha planta que sae directamente do tronco e que á súa vez se divide noutras partes máis pequenas e delgadas.

Rama vén do latín (de ramo di a RAE e ramo vén de ramus). De onde vén póla? Recorremos ao irlandés e temos  pola(i)-, pref. Poly-  o prefixo que traduce ao prefixo científico grego poly como o de polyhedron (moitas caras) dos poliedros. Ou que polígono dise  polagán, m. (gs. & npl. -áin, gpl. ~). Polygon. O sentido da póla, xa que logo, está en que as pólas medran formando moitas máis pólas. As prantas necesitan recoller a maior cantidade de luz posible para facer a maior cantidade de fotosíntese para vivir, medrar e reproducirse mellor.

Porqué fun buscar póla? Pois nun artigo -hai poucos días- no Progreso de Mario Outeiro fala da palabra polavila que foi escollida en Becerreá coma palabra da zona. Non está na RAG, pero si no Estravís, polavila e  tamén si está no dicionario asturiano

polavilla, la*

Significado

  1. Reunión nocturna que tiene lugar en algunas casas durante el invierno con el fin de pasar unas horas de tertulia [Oc.] : Güei hai pulavilla en casa’l Chano [Oc.] . Reunión de mujeres que se celebra en una casa elegida  de antemano en el pueblo, en las noches de invierno para hilar.

Así que a tradución podería vir de pola(moitos) da vila.

En Asturias a celebran frecuentemente. Busca, por exemplo, Una 'polavilla' en Villartoréi, Villayón e en Navia

Lembrades Villayón a vila con moitos yons, ións, llóns, lons, regos e fervenzas de auga?