Lugar quente: quente aquí

Submitted by admin on Mon, 03/19/2018 - 11:33

No celta galego (cuxa antiguidade remóntase moi lonxe no tempo) éxiste unha obsesión por sinalar os lugares quentes, os lugares abrigados, os lugares que serven de refuxios). Hoxe chegamos ao chalet en inverno e poñemos a calefacción ou o radiador (e as veces no verán). No seu momento era unha cuestión de supervivencia saber e dar a coñecer eses lugares. No mesmo nome advertías da oportunidade de refuxio.

Ademais quente é un sinónimo de habitado no celta galego, no sentido que onde está habitado, teñen que ter servizos asociados como unha temperatura razoable.  O fume da chimenea é un sinal de habitabilidade, o gando, ...

Viña no tren desde Ortigueira a Miño  este pasado verán e de pronto, xa en Miño, atopei un letreiro "Quente aquí" dicía un orgulloso letreiro en celta galego. Porque? Que ten de particular ese lugar, pensei.

Hai que pensar que a praia Grande de Miño está enfronte da boca da ría dobre de Betanzos e Ares. Os ventos do mar, frecuentemente moi fríos, case sempre enfilados, perpendiculares á costa e sempre frescos enfrían esa zona de Miño. Nos apartamentos da Praia Grande  o ulular do vento polas rendixas alcanza moitos decibelios.

A continuación da zona de chalets da Praia Grande  hai un monte pequeno, de momento virxe a espera de que os especuladores poidan gañar moitos cartos. O monte é pequeno, pero detrás dese monte pequeno non hai vento mariño, non hai frío. Os raios de sol alí non compiten co vento. Así que, nese lugar, con toda lóxica, chámase "quente aquí", sinalando que de toda a contorna ata o mar o sitio máis habitable era ese.

Nesa mesma viaxe a Ortigueira atopei un topónimo que poñía directamente quente en galego, unha pervivencia actual dunha preocupación multimilenaria nosa pola temperatura.

O monte que protexe a Telle do vento do mar. Ver Telle. tamén.