Rubio

Submitted by admin on Sat, 03/09/2019 - 12:54

En galego a palabra Rubio/a significa, di a RAG

Vermello ou encarnado, que pode ir desde a cor do sangue ata un ton case rosa. Un bolígrafo rubio. Ten as fazulas rubias. SINÓNIMO roibo2

Entre o castaño tirando a vermello e o amarelo tirando a vermello. As vacas que ten son de cor rubia. SINÓNIMOS roibo, roxo1 CONFRÓNTESE louro3

[Persoa, animal] que ten o pelo, o cabelo ou as plumas tirando a vermello ou amarelento. Ten seis galiñas rubias e un capón pedrés. Tamén substantivo [ persoa ] Os rubios adoitan ter a pel branca e moitas pencas. SINÓNIMOS roibo, roxo1

O cal contradí o significado de rubio en castelán, que ten pelo amarelento.

Imos ver a orixe indoeuropea (no libro Gramática do indoeuropeo Moderno)

rudhējō be red (ser bermello, rubio) algo así como rubiar rubeō en Latín
reudhosad red (-haired) (pelo rubio -galego)  
reudhos Redness (rubiedade, caracter do rubio)  
rudhrós, -, -óm, Rubio ruber
rudhsós Rubiez rubeus
Agora o gaélico
Rua
   
foxy » Rua
 
ginger » Rua
 
red-haired » Rua
ruaigh, v.t. & i. (pres. -ann, fut. -afaidh, vn. -achan, pp. -ite). Redden; make or become reddish-brown. Uisce a ruachan, to redden water. Páipéar a ruachan, to fox paper. an raithneach ag ruachan, the bracken is rusting.

Vemos que ruaigh é enrubiado (non sei se existe en galego,pero sería o equivalente de enroxecido, que tampouco existe e vén de roxo). Así que nós falamos indoeuropeo, latín e celta puro e o castelán fala algo castrapo: Rubio é amarelo. Di a wikipedia

La palabra rojo deriva del latín rŭssum o rŭsseŭs, ‘rojo subido’,3​ relacionado con ruber, ‘rojo’, del protoindoeuropeo *reudh–, ‘rojo’.4​ El término «rojo» comenzó a usarse regularmente en idioma castellano durante el siglo XV; en la Edad Media ya existía, pero era de uso poco común. De acuerdo con el filólogo Joan Corominas, «rojo» significaba antiguamente un color rojizo, mientras que las denominaciones tradicionales del color de la sangre eran «bermejo», «colorado» y «encarnado».3​ El rojo es el único color para cuyo nombre se ha hallado una raíz protoindoeuropea común y también es el color de la sangre.5