Mil e a paleontoloxía

Submitted by admin on Wed, 05/22/2019 - 20:42

Aquí temos unha das palabras dos debates suevos si/ suevos non. Mil é sueva ou celta?

Mil lembro que viña de militar en suevo. E mil en celta é

mil1, f. (gs. meala). Honey. ~ bheach, beeshoney. ~ chíre, chuasnóige, comb honey. ~ shilte, run honey. Blas meala, taste of honey; delicious taste. meala, delightful day. Briathra meala, honeyed words. Bhí ~ ar gach focal aici, she spoke ever so sweetly. ~ a chuimilt de dhuine, to soft-sawder s.o. ~ ar an mbia aige, he relishes his food. S.a. cith, cuiseogach, díol2, lus, mí1.

Así mil é mel en celta. Cal dos significados predominaría? Pois hai dúas vías polas que o significado celta debe ser o maioritario e ademais moi frecuente:

O primeiro é a idea de capas xeolóxicas. Os restos paleontoloxicos abundarán máis canto mais anos viviron os animais que os constitúen. Se os dinosauros viviron na Terra máis de 200 millóns de anos deixarán unha pegada enorme en restos de todo tipo en toda a Terra. Unha especie que vivira 100.000 anos deixará unhas pegadas raras e difíciles de atopar (por moito que sexan máis recentes, unha idea que confunde o razonamento). Os restos que máis se conservan son de especies que viviron máis millóns de anos.

Os termos da toponimia son máis frecuentes de aquelas linguas que se falaron durante máis tempo, non teñen porque ser necesariamente máis das últimas.

Así a maioría da toponimia galega que se refire a termos non comúns (igrexa, ...) son celtas, correspondendo aos miles de anos que se falou a lingua. Pode haber unha pequena porcentaxe de palabras suevas, correspondendo aos 150 anos de posible dominio lingüístico suevo (ou xa falaban latín?) e os mil e pico anos de dominio latino darán unha porcentaxe moito maior ca sueva de topónimos latinos. Hai que ter en conta o noso conservadurismo e que non cambiamos de modo fácil os nomes dos lugares, que conservamos máis os topónimos xa preexistentes.

Por este razonamento habería algún posible topónimo mil de orixe suevo e maioritariamente os demais serán celtas.

Ademais o segundo razonamento e de utilidade do nome. Hai que ver que o zucre vén, nun tempo non celta, de fóra de Galicia. Así, en tempo celta o único sistema de edulcorar a comida é con mel=mil. Así para aquela xente saber onde conseguir mel é fundamental e inscríbenos a lume nos nomes dos lugares. Que conteñan mil son 1585 topónimos da toponimia oficial, unha cantidade considerable que é imposible supoñer lugar de militares suevos e si de abellas con mel.

Xa sabemos unha cousa máis os nosos antergos producían mel por toda Galicia e en cantidades considerables. E ademais temos outra vía máis de abrir ao entendemento a toponimia celta galega: cando vexas mil, tradúceo por mel e acertarás. Ademais a palabra que se xunta a mil ten que ter un significado que acaia con mel, real ou metaforicamente, porque nalgúns casos mel sera sinónimo de doce.