Balvís,... en realidade vís

Submitted by admin on Sat, 08/03/2019 - 10:18

Non hai que dicir que onte pasei por Balvís, en Iris, Cabanas. Fixen a consulta e atopeime cunha gran cantidade de topónimos en vís, entre eles figuraba Balvís coma Bolvís.

 
TOPONIMO CONCELLO PARROQUIA
Belvís ARZÚA Dombodán (San Cristovo)
Bolvís CABANAS Irís (Santo Estevo)
Fonte de Bolvís CABANAS Irís (Santo Estevo)
Balvís CEDEIRA Montoxo (San Xiao)
Balvís CEDEIRA Cervo (Santalla)
Balvís CEDEIRA Piñeiro (San Cosme)
O Campo de Balvís CEDEIRA Montoxo (San Xiao)
O Chao de Balvís CEDEIRA Cervo (Santalla)
Sobre Balvís CEDEIRA Piñeiro (San Cosme)
Balvís LARACHA (A) Montemaior (Santa María Madanela)
O Coto de Balvís LARACHA (A) Montemaior (Santa María Madanela)
A Devesa dos Cochovís PINO (O) Budiño (Santa María)
As Vísporas SAN SADURNIÑO Naraío (Santa María)
A Zanca de Belvís SANTIAGO DE COMPOSTELA Aríns (San Martiño)
O Balvís TOQUES Paradela (San Paio)
A Novísima VEDRA Santa Cruz de Ribadulla (Santa Cruz)
A Chaira das Vísporas CALVOS DE RANDÍN Randín (San Xoán)
A Lama de Balvís VEIGA (A) Seoane (San Xoán)
Balvís VEIGA (A) Seoane (San Xoán)
A Corga de Balvís VEREA Bangueses (San Miguel)
Os Buratos de Balvís VEREA Bangueses (San Miguel)
As Vísparas CRECENTE Rebordechán (Santa María)
A das Vísperas OIA Loureza (San Mamede)
Balvís TOMIÑO Goián (San Cristovo)
Balvís ABEGONDO Vizoño (San Pedro)
Balvís CABANAS Irís (Santo Estevo)
Belvís CARRAL Paleo (Santo Estevo)
Belvís CARRAL Sumio (Santiago)
Belvís CARRAL Tabeaio (San Martiño)
Balvís CEDEIRA Montoxo (San Xiao)
Balvís LARACHA, A Montemaior (Santa María Madanela)
Balvís NEDA Santa María de Neda (Santa María)
Balvís SOBRADO Nogueira (San Xurxo)
Belvís TORDOIA Numide (Santiago)
Belvís TOURO Bama (San Vicenzo)
Balvís CASTRO DE REI Pacios (San Salvador)
Belvís CARBALLIÑO, O Cabanelas (San Xoán)
Balvís VIGO Matamá (San Pedro)

A wikipedia ve menos Balvís

O topónimo galego Balvís pode referirse a:

O topónimo Belvís pode referirse a:

En Galiza
Fóra de Galiza

Véxase tamén

Outros artigos

E que significa vís en celta?

Pois falamos de bís, naturalmente, o v non existe.

bís, f. (gs. ~e, pl. ~eanna).1. Mec: Vice; screw. ~ bhinse, bench vice. ~ ordóige, thumb-screw. ~ shuite, set screw. Duine a chur faoi luí na ~e, to put the screws on s.o. Duine a choinneáil ar ~, to keep s.o. in suspense. ar ~; ~ air (le rud éigin a dhéanamh), he is impatient (to do sth.). 2. Spiral. S.a. giar.

En resumo, parafuso ou espiral. Se falamos de chegar a un sitio alto teremos que falar de zig-zag propiamente, agás que sexa un pico e xiremos como un parafuso en espiral ata el. Dígoo porque para chegar a Balvís, en Iris non estamos falando dun pico senón dunha ladeira (de boa pendente, todo hai que dicilo), sen chegar a ser pico e para chegar alí viríase desde Cabanas-praia polo río e subiriase en zig-zag ata Balvís. Ese debeu a ser o camiño ata ter estradas que facilitasen outros camiños alternativos.

O outro caso que coñezo, Belvís, en Santiago, debía ter camiños doados polo Este, pero polos demais lados os camiños deberían ser en zig-zag. Hoxe en día, aínda en coche o acostuman ser. Nestes casos o significado de lugar ao que hai que acceder en zig-zag está confirmado. Teriadesme que contar que ocorre nos outros Belvís e Balvís, e eu comprobarei algún máis...

En canto a Belvís, Balvís e Bolvís... noutra entrada o veremos.