Marzán, Marsán e Maradona

Submitted by admin on Thu, 10/31/2019 - 11:22

A wikipedia di

O topónimo Marzán pode referirse a:

En Galicia
Na provincia de León
  • Marzán, lugar do concello de Riello.
  • Ademáis é apelido como no caso dos irmáns Liz Marzán. A Luís dedicámoslle o día da Ciencia en Galego 2019, un das persoas con 2 apelidos celtas en Galicia, algo pouco probable, no ano que lle dedicamos á lingua celta galega.
  • Concurso: atopar unha persoa con 8 apelidos celtas galegos, coma na película 8 apelidos vascos...

Farémoslle un pequeno agasallo.

É evidente que Marzán con z non pode ser celta, e ten que ser Marsán. Porque tanta unanimidade en poñer Marzán? Seguramente porque unha etimoloxía inxenua a fai vir de Marzo (algo que se dá en Marzo) e a pronuncia marsán se interpreta como un seseo.

Fun ata Marzán, en Monterroso, (ainda que moi próximo á estrada de Palas), Igrexa Parroquial de Santa María de Marzán

O que non se ve nas fotos é que a igrexa está monte arriba (300 metros arriba) da vila pequena. Chama a atención. Desde logo na igrexa tes un excelente punto de observación da comarca. E un lugar "ris", ao descuberto, pero a poboación está oculta pola vexetación.

O sentimento do lugar é dun lugar pleno, saudable, bó.

E ese é o significado celta, co matiz de como; mar, prep. & conj. & adv. 1. Prep. (Lenites) Like, as.

san4 = sin1.

sin1, dem. pron. & a. & adv. That. 1.   Mar ~, like that, thus

Así que pode ser como ese ou así.

Se imos por san3 :i2.

en i temos 2. (With substantive verb) (a) (Of inherent quality, property)

Collemos a media das dúas e podemos dicir Como bó. Parece que o falante dubida, de todas maneiras. E buscamos o antónimo que xa explicamos hai moito tempo:

Maradona Como malo ( dona1, a3. 1. Unfortunate, unlucky. 2. Bad. Ver tamén herba dona)

Así que as dúas palabras funcionan o mesmo, non din este é bó, este é malo, senón Como ese, así, como bó (marsán) e como malo, desafortunado,... (maradona).

Finalmente, un índicador de que Marzán é celta é que hai un Marzan  en Bretaña.