Google Maps axúdanos a desvelar o secreto de Balvís

Submitted by admin on Wed, 01/15/2020 - 20:29

Visitando as rúas de Cariño vin algo sorprendente: había tres rúas distintas, pero en liña, unha a continuación da outra que se chamaban Balvis ou travesía de Balvís.

En Google maps só vexo 2 pero eu saquei 3 fotos de tres rúas distintas en Cariño con ese nome no seu cartel. Entendinno perfectamente. Se Bís é unha espiral ou zigzag, os tres nomes das tres rúas so describen tres tramos do zigzag de subida-baixada, chamado Balbís.  Están falando de "camiño en espiral", esa entendo eu que é a tradución de Balvís. Así que Bal aí significa camiño, ainda sen estar nos dicionarios de gaélico irlandés. Tamén nós temos palabras propias con significados exclusivos, como veremos noutro momento.

Pero por que fago alusión a google maps? Porque despois de facer a comprobación de Cariño, púxenme  a mirar os mapas de Google maps  doutros Balbís  -ou Balvís- e foi abraiante: nun caso Balvís era un longo camiño circular que supoño facía espiral subindo -en Google Maps non se vía a altura- e era claramente un camiño, a long and winding road, que dirían os Beatles.

Localicei en Google maps unha vila de Ourense con Balvís e ocorría exactamente  o mesmo:  Balbís eran varias rúas  con ángulos que describían un zigzag.

Naturalmente o primeiro Balvís que estudei, en Cabanas, non ten esa característica porque do Balbís que se dirixe a Iris, actualmente só queda unha rúa con algunha casa que vai da autopista ata o sendeiro que polo monte leva ao Mosteiro de Caaveiro. Os outros tramos simplemente non existen.

Así que podedes facer o mesmo experimento cos Belvís e comprobar se nese caso ocorre o mesmo ou hai algún matiz de diferenza Bel-Bal.

Vexamos algunha desas imaxes claves para entender Balbís-Balvís

En Neda hai un Balbís, que non se recolle na toponimia oficial nin na Galipedia. Un "long and winding road", un camiño en espiral de subida/baixada.

En Cedeira, o Balvís está nunha ladeira escarpada e o Bal (camiño) en espiral só vai, só chega, ata alí: