Vilar

Submitted by admin on Sat, 06/12/2021 - 18:02

Hai unha cantidade enorme de Vilar na toponimia. Cóntao a Galipedia. Pero non conta, de novo, a súa estupenda teoría inventada de vilaris, porque non é coherente. Sen embargo, os centos de Vilar existentes en Galicia o son por coherencia:

De onde vén ese r? Na idade media, co celta esquecido, os milleiros de Vilares, os Bali res, as vilas con cultivo, pensan sobre o que ven e queren ser coherentes, que o nome sexa coherente. Como vai ter un nome plural Vilares cando hai catro casas aquí, xuntiñas, nalgún caso as únicas casas da parroquia? O pensador lóxico e coherente di ese nome está mal posto, ten que ser singular, e polo tanto cambialle o nome a Vilar. A única lóxica de Vilar é a presunta singularización de Vilares. Por lóxica e coherencia. Así sae unnha palabra sen orixe definido.

En realidade, Vilares, como expliquei na entrada anterior, non é plural, é un composto coa palabra res, cultivo, que representa a agrupación de casas máis extendida na Galicia rural que dura ata o presente.

En Celtia xa sinalamos un Vilar de Guitiriz que podedes visitar

Igrexa Parroquial de Santa María de Vilar

Na que podes observar que é un vilares, unha vila de cultivo de vacas e outros animais, de certas plantas alimenticias na que, algún avispado, pensou ten o nome mal, isto non é un "vilares", isto é un Vilar. As catro casas do lugar non dan para ser varios vilares, así que debe ser un Vilar singular...