pillo

Submitted by admin on Wed, 10/19/2022 - 19:01

As acepcións galegas de pillabán ou pillo

pillabán, pillabana

Para todas as acepcións SINÓNIMO pillo adxectivo1 Que actúa con astucia e malicia. É tan pillabán que ninguén se fía del. SINÓNIMOS cazurro, lagarteiro, loubán, pícaro, raposeiro, zolado CONFRÓNTESE arteiro, astuto, zamurgo Tamén substantivo O pillabán quitounos os cartos sen nos decatarmos. SINÓNIMOS cazurro, lagarteiro, loubán, pícaro, renarte CONFRÓNTESE arteiro, zamurgo

2 [Rapaz] moi esperto e amigo de facer trasnadas. Este neno é moi pillabán. Tamén substantivo O mestre non sabía que facer cos pillabáns que tiña na aula. SINÓNIMOS tunante, tuno

Non teñen que ver co verbo pillar, en primeira instancia. Así que esquecemos as posibles orixes latinas de pillar e quedámonos con pillo-

En celta pill, latinizado a pillo, pilla, e a pilla-bán onde ban2 :bean1. E  bean1, f. (gs. & npl. mná, gpl. ban). 1. Woman.

Así parece que pill era un home e pill bán, convertido en pillabán era unha muller. Pero todo volveuse a latinizar a pillo e pilla e pillabán e pillabana,

pill2, ~eadh = fill1, -eadh.  E fill1, v.t. & i. 1. Bend, turn back; fold. Dobrar, volver atrás

E así o celta pillo é un home que actúa con dobrez, que minte, retorcido, que se desdí. Como di a RAG: Que actúa con astucia e malicia. É tan pillabán que ninguén se fía del.

En castelán adquire máis acepcións. Pero estamos a falar do galego.

En canto á acepción de pillar 3 Descubrir [alguén] facendo algo que está mal ou nunha situación comprometida. Pilleivos nunha mentira. Pillárono roubando mazás. SINÓNIMOS cachar, cazar, pescar, sorprender

poden vir de pillar=cachar a un pillo. Pilleivos nunha mentira.