A trapallada da teoría dos Yamnaya

Submitted by admin on Wed, 06/07/2023 - 12:40

Contan (leinno na Voz) que o fundador da Hispanic Society of America,  fundada en 1904  polo filántropo Archer M. Huntington, (que hoxe ten unha rúa na Coruña),  visitou A Coruña e veu a nenos loiros ou rubios, semellantes aos Irlandeses. Entón decidiu fundar esa Sociedade.

A min pásame o mesmo. Eu cando vexo moitas películas inglesas ou irlandesas vexo persoas parecidas a xente que coñezo de Galicia, o que non me ocorre con películas doutros lugares. É unha das razóns do forte convencemento da raizame celta de Galicia.

E o mesmo aplícolle as teorías "fake news" dos Yamnaya. Cada noticia que dan deles poñen figuras dos supostos indoeuropeos, os supostos orixinais e orixen dos indoeuropeos e eu non vexo ningún trazo de galego neles. Ou ben os galegos non somos indoeuropeos (somos negriños?) Ou ben algo está moi errado.

Pois eso mesmo opinan con esta pregunta Since the Yamnaya people were fairly dark, why do they get credited for creating modern northern Europeans which have light hair, eyes and lactose tolerance ability? ou  Dado que o pobo de Yamnaya era bastante escuro, por que se lles atribuía a creación de modernos europeos do norte que teñen o cabelo claro, os ollos e a capacidade de tolerancia á lactosa?

E a contestación é gloriosa: https://www.quora.com/Since-the-Yamnaya-people-were-fairly-dark-why-do-they-get-credited-for-creating-modern-northern-Europeans-which-have-light-hair-eyes-and-lactose-tolerance-ability

The Yamnaya Culture had dark hair and eyes and resembled West Asians. They migrated into Western Europe and into the Corded Ware Culture who had light eyes and hair because they mainly originated from the Eastern hunter gatherers. The Indo-Europeans from the Corded Ware Culture migrated into Eastern Europe and into the Sintashta Culture on the Eurasian steppes. The Sintashta Culture would migrate parts of the Middle East, Central Asia and South Asia.

A cultura Yamnaya tiña o pelo e os ollos escuros e semellaba aos asiáticos occidentais. Emigraron a Europa occidental e á cultura de cerámica con cordón que tiña ollos e cabelos claros porque se orixinaron principalmente dos cazadores-recolectores orientais?. Os indoeuropeos da cultura de cerámica con cable emigraron a Europa do Leste e á cultura Sintashta nas estepas euroasiáticas. A cultura Sintashta migraría partes de Oriente Medio, Asia Central e Asia do Sur.

Ou sexa hai indoeuropeos Yamnaya segundo ese autor e indoeuropeos cazadores-recolectores (moito máis antigos). Pero o máis definitivo é ver as imaxes que presenta nese enlace dos dous tipos de presuntos indoeuropeos. Eu, desde logo, nunca identificaría a eses Yamnaya como indoeuropeos. E podo identificar a moitos afganos, hindúes, iranies, turcos, rusos e case toda Europa como indoeuropeos (con r1b).

O dito, unha auténtica trapallada baseada na dificultade de entender teorías esotéricas e sen base científica. Pero que van a difundir a boa nova de que somos todos rusos ou mesturados rusos.