Neiro, borneiro

Submitted by admin on Wed, 06/18/2025 - 15:55

Hai uns días, na parroquia de Neiro na Fonsagrada celebraban as festas dun monxe siciliano chamado el Negro. Como se di Negro en italiano?

Pois Nero. Di o Progreso que ninguén, na parroquia, sabe explicar porque se celebra a ese santo.

Tampouco teñen ningunha hipótese sobre Neiro, pero, polo que se ve algún botouse a adiviñar que Neiro era unha galeguización do nome italiano do Santo e, polo tanto, debían celebralo nomeando á parroquia así. E celebrando a súa festividade. Iso é o único que liga a Sicilia coa Fonsagrada.

É certo, hai moitas palabras nas que se xoga a rematar con eira coma en Meira ou en eiro coma en regueiro, Nun caso con significado propio "en dicir", no outro, quizais querendo dicir "en abundancia"  xa que ro=demasiado. Pero a lingua galega e a portuguesa convirte esas terminacións en estándares. Cando poden, tiran por esas terminacións. De aí que teña lóxica a sospeita de que Neiro e Nero son a mesma palabra en distintos idiomas.

Ben, en celta que pode ser Neiro? Xa vimos Neira=Non en dicir, non famosa, descoñecida. Aquí serían Ne-i-ro, non en demasiado, en demasía. Se ben non sabemos a que se refire. Falta algo na palabra. Por exemplo, temos o castro de Borneiro, que quere dicir?

O máis próximo a Bor, en celta, é Bior

crown » Bior

cusp » bior

cusp » Bior

pin » bior

spike » bior coroa, cúspide, punta

Ten sentido o nome celta?  Si, Borneiro non é un curbín, un asentamento nun pico, non ten coroa, non está na cúspide, a planicie onde está (ver novacarta.eu) non é un pico. Así que o nome cúspide non en demasía, non demasiada pronunciada está axeitada á situación.

 

 

 

 

 

 

 

 

hai