O dicionario da Rag aclárao: ortigueira substantivo feminino Sitio onde abundan as ortigas. Caeu nunha ortigueira e ortigouse todo.
Na RAE
Del lat. urtīca.
-
f. Planta herbácea de la familia de las urticáceas, con tallos prismáticos de 60 a 80 cm de altura, hojas opuestas, elípticas, agudas, aserradas por el margen y cubiertas de pelos que segregan un líquido urente, flores verdosas en racimos axilares y colgantes, las masculinas en distinto pie que las femeninas, fruto seco y comprimido, y muy común en España.
Pero non existe ortiguera en español. E si existe higuera, higuera1, Definición
Del lat. ficaria. E noguera, Del lat. mediev. [arbor] nucaria.
A definición da RAG abunda no significado que lle damos a gueira nesta web. Sitio onde abundan as ortigas. Unha colección de ortigas, un conxunto de ortigas.
Ortigueira, concello, ten un nome que vén das ortigas. Pode ser. O escudo de Ortigueira ten tres follas de ortigas, por se non estaba claro. A miña neta explicoume o significado así: cae de caixón, vén das ortigas. Que pasa, que ese concello está infestado de ortigas? Paseando por alí non vin ningunhas ortigueiras salientables. Así que contradicir algo que está no sentido común da maioría vai ser dificilmente aceptado.
Intentareino. O nome ortiga da planta ten toda a pinta de ser latino. Pero o sufixo gueira ou guera indicando abundancia, colección, conxunto vén do celta. Ten utilidade, información un sitio que ten moitas ortigas? Non, en xeral.
Imos ao celta, ort, ort : ar2. ar2, prep. (Pron. forms: orm, ort, air m, uirthi f, orainn, oraibh, orthu) (In references of a general nature it does not normally affect initial letter of following noun, e.g. ar muir, ar cíos, ar cosa in airde, on sea, rented, galloping.
I. On, in, at. 1. (a) (Place or position) Xenial, ort significa o mesmo ca primeira palabra da definición da RAG, Lugar ou posición, sitio.
Seguimos ort-i-gueir i tradúcese por en, gueir, colección, abundancia.
Así que Ortigueira significa en celta Sitios en Abundancia, colección de sitios. Ah, de novo os celtas poñen por diante a información xeográfica. Non o vou explicar. So dicir que a costa en Ortigueira ten unhas peculiaridades que a fan distinguirse. Mira o mapa.
En canto a Ortegal. Cabo Ortegal xa ten unha entrada en celtia. So engadir que quizais a explicación correcta veña de Ort-i-gal, sitio envolto en vapores. Visitade no inverno o cabo Ortegal e veredes que quere dicir iso.
- Log in to post comments