Hai moitos topónimos con Xinzo:
Como topónimo, Xinzo pode referirse a:
- En Galiza
- Xinzo de Limia, concello da comarca da Limia;
- Xinzo de Limia, parroquia de dito concello;
- Xinzo de Limia, lugar de dita parroquia.
- Xinzo de Limia, parroquia de dito concello;
- Xinzo, parroquia do concello de Ponteareas;
- Xinzo, lugar da parroquia de Bastavales, no concello de Brión;
- Xinzo, lugar da parroquia de Cuntis, no concello de Cuntis;
- Xinzo, lugar da parroquia de San Martiño de Mondoñedo, no concello de Foz;
- Xinzo, lugar da parroquia de Vilaronte, no concello de Foz;
- Xinzo, lugar da parroquia de Arcos, no concello de Mazaricos;
- Xinzo, lugar da parroquia de Vilameá, no concello da Pontenova;
- Xinzo, lugar da parroquia de Eiras, no concello de San Amaro;
- Xinzo da Costa, lugar da parroquia de Vilardecás, no concello de Maceda;
- Xinzo das Teixugueiras, lugar da parroquia de Sabucedo de Montes, no concello de Cartelle;
- Xinzo de Deva, lugar da parroquia de Pontedeva, no concello de Pontedeva.
Se atendemos aos derivados, Xinzo de Limia, Xinzo da Costa, das Teixugueiras, e de Deva, parece que está a falar dunha propiedade do río que denomina a continuación.
En Xinzo de Limia nacen varios regatos que dan lugar ao río Limia. Os xinzos de Foz están ao lado do nacemento dun rego,... así, que podemos dicir de Xinzo en celta para que sexa un nacemento?
Coma sempre, x non existe, supoñemos g, o termo sería gin.
Temos
gin1, f. (gs. ~e, pl. ~te). 1. Begetting; birth. xeración, nacemento. E
gin2, v.t. & i. (vn. ~iúint). 1. (a) Give birth to. Dar nacemento a
e zo -z non existe en celta-, é so, ou sexa, este. A palabra celta é Ginso, Gin-so, este (é) o nacemento (do río.. de tal).
En case todos os casos en Google maps, Xinzo coincide co nacemento dun rego ou río, e sempre hai a posibilidade de que o río que hai 2000 anos nacía alí, agora vaia por outro lado.
- Log in to post comments