Aproveitemos o estudo de Nantón, no que si coincidimos coa maioría de estudosos para intentar desvelar Mariñán, no que non coincidiremos con esa maioría, agás, en parte, con https://arqueotoponimia.blogspot.com/2009/08/marinan-y-namarini.html
Por que? Porque a idea de relacionalo co Mariño, de mar, co das Mariñas é moi forte. Puro Latín...
Así que imos a velo: Falamos do coñecido lugar de Mariñán, coñecido polo seu Pazo, con moitas actividades (eu teño organizado alí dúas Escolas Miguel de Guzmán coa colaboración da RSME) , e, incluso, polo cartel que se ve desde a autopista.
Imos aló, entón, Mariñan=Marín-nan=Marinnan pois a ñ é a grafía do nn orixinal.
Marín, xa o temos visto, en celta pode ser Como pequeno, Mar-ín, e nant ou nan acabamos de ver na entrada anterior é val ou regato, así, neste caso o regato que forma un val é xustamente o río de Betanzos. Fundamentalmente do río Mandeo que vai cara ao mar.
Así a zona de Mariñán e a zona dun val -pequeno- cun río, o Mandeo, que vai cara ao mar.
A razón de sostelo é que o topónimo mariñán como " da mariña" non ten razón de ser, nin por que, nin para que. Todo o mundo xa sabe que está na Mariña, ten algún interese recalcalo? Informa de algo? Mentres que informar que en Mariñán hai un val con stream serve para saber que tes auga, que podes navegar por el, que podes vivir alí, saír ao mar, saír a pescar, etc. Ademais sería un dos poucos topónimos do mundo que citan un xentilicio. Burela sería máis interesante se utilizaramos os seus xentilicios? O xentilicio é burelao, burelense ou burelés.
É a mesma teima de poñer un dono dunha suposta vila como regra universal da toponimia galega. Informa de algo? Serve para algo? Iso si, se é suevo, que fachenda nos produce!
- Log in to post comments