Truán

Submitted by admin on Wed, 05/05/2021 - 23:22

A RAG cóntao:

truán, truá adxectivo1 Que é amigo de enganos e de vagabundear, desvergonzado e pouco traballador. Non sei en que andarán metidos eses porque son moi truáns. SINÓNIMO tuno CONFRÓNTESE pícaro Tamén substantivo Non te deixes enganar pola súa aparencia porque é un truán. SINÓNIMOS moinante, tunante, tuno CONFRÓNTESE pícaro2 [Persoa] dada ao ocio, a quen non lle gusta traballar. É tan truán que aínda non se ergueu. SINÓNIMOS baleigán, calaceiro, camanduleiro, folgazán, galbán, gallofeiro, gandulo, lacaceiro, lacazán, lacoeiro, lampantín, lerchán, loubán, moulón, nugallán, paduán, preguiceiro, preguizoso, vago, zolado Tamén substantivo Non te xuntes con el, que é un truán. SINÓNIMOS badanas, baleigán, brégolas, calaceiro, camándula, camanduleiro, candongo, folgazán, galbán, gandaina, gandulo, lacaceiro, lacazán, lacoeiro, lampantín, lerchán, loubán, mamalón, mangante, moulón, nugallán, paduán, palanquín, preguiceiro, preguizoso, vago

O dicionario gaélico cóntao

truán, m. (gs. & npl. -áin, gpl. ~).1. Miserable person, wretch. 2. Thin, emaciated, creature; underdeveloped person or animal. 3. Importunate person. ( Persoa Miserable, desgraciado. 2. Fino, delgado, criatura; Persoa subdesenvolvida ou animal. 3. Persoa importuna.)

Engadindo a corrección das dúas diferentes culturas en que se fan as dúas definicións e do tempo pasado, as definicións son próximas.

Así que truán vén do celta.