Cumbráns, Antes, Cumbraos

Submitted by admin on Sat, 06/05/2021 - 11:17

  Cumbráns, Antes, Mazaricos é un lugar da parroquia de Antes en Mazaricos.

Témolo un pouco difícil con Cum (é a primeira vez que o tratamos en Celtia) pois pode ser moitas cousas. É moito mellor cando tes un único significado que acae co étimo seguinte. Nese caso, perfecto.

Cum, v.t. & i. (pp. ~tha).1. Form, shape. 2. Compose. 3. Devise 4. Invent 5. Tex: Make up; (with le) fit 6. (a) Limit (b) Ration.

ou sexa Formar, forma. 2. Redactar, compoñer. 3. idear. 4. Inventar. 5. Maquillaxe; (Coa) axuste. 6. (a) do límite. (B) ración.
E se mantemos brán como fariña- farelo

Pois ocórreseme que pode estár falando de pó, coa forma do bran, ou do limite do cultivo do cereal, ou lugar en que efectivamente dase o cereal. Ou nese lugar tes asegurado unha ración de fariña/farelo.

En canto a antes pode ser unha forma gramatical de ante (que non cita) ou An te, o calor Segundo un dicionario, moi quente.

E de cumbraos di a wikipedia que

O topónimo galego Cumbraos ten a súa orixe no asentamento poboacional nos séculos IX e X de grupos de xente chegados desde Coímbra[1]. Pode referirse a:

Notas

  1. VILLARES, R. (2004): Historia de Galicia. Vigo, Edicións Xerais de Galicia, páx. 86.

Véxase tamén

Outros artigos

Xa vemos, a etimoloxía da Galipedia vai por Coimbra, pero contradícese e pon no listado Cumbráns. Quizais é que Cumbráns vén de Coimbráns? Nese século deixaron deserto Coimbra e viñéronse todos a Mesía, Monterroso, Sobrado, Lugo, Silleda, Taboada e Vedra?

Como podedes supoñer, eu penso que non, e que que Cumbraos é unha forma dialectal de dicir Cumbráns, como mao e a forma dialectal de man.