Vilares

Submitted by admin on Sat, 06/12/2021 - 10:38

A Galipedia di que

O topónimo Vilares (do latín villa, villaris, casa de campo, granxa ou poboación) pode referirse a:

En Galicia
En Portugal

Véxase tamén

Outros artigos

 

A explicación da Galipedia é a algo confusa, introduce vilaris como quen non quere a cousa e xa ten a orixe de vila-res, vila con cultivos, que posiblemente si utiliza o latín para cambiar o celta Bally-res a algo máis asimilable como Vila, como xa contamos, un simple cambio de Bali por vila, intercambiando as vocais.

A solución, o "vilares" designan aos Balis que non son curbíns, asentamentos de defensa, senón que a xente xúntase nunha vila pequena e ten cultivos arredor, algo que triunfou en Galicia durante 2000 anos. Vilares designa o estándard galego de agrupación de vivendas dependente do agro.

A explicación da Galipedia non explica o significado plural de Vilares, se fose o caso. Paréceo, pois hai topónimos como "Os Vilares". Pero, Vilares refírese a unha agrupación de casas, non a varias. A razón, Vilares non é plural de Vilar, senón que indica unha calidade distinta, Vila con cultivos, que vive dos cultivos próximos, o que o distingue dos castros.

Ademais é apelido, as veces castelanizado como Villares. E ademais Villa, en latín, é casa de campo e non " casa de campo, granxa ou poboación". O redactor case o intúe... que res é cultivo, pero non é latín. Todas as Villas que visitei en Tarragona eran unha casa grande galega ou pazo, non unha poboación.

En fin, cando vexamos algúns dos 4700 topónimos galegos que conteñen res a cousa vai estar máis clara. Xa o está con liñares, abelares ou pomares, pero para crelo a xente necesita, máis probas, moitas máis probas. Pois, habelas, hainas.