Desde cando falamos?

Submitted by admin on Tue, 03/26/2024 - 21:00

Teño opinado sobre ese tema, sobre todo na entrada A medida do tempo ou R1b=celta, sobre de cando nace o indoeuropeo e porque as medidas do tempo nesta cuestión son moi diversas das actuais, de mil anos para acó.

Agora acabo de ler un artigo que afirma que falamos desde hai 1,600,000 anos. Falaban daquela as nosas especies homo antecesoras nosas.

Valcarría

Submitted by admin on Fri, 03/08/2024 - 23:02

Seguindo o ronsel de Valcarce imos ver Valcarría

Valcarría, Viveiro Santo Estevo de Valcarría é unha parroquia do concello lugués de Viveiro na comarca da Mariña Occidental. Tamén temos parecido Val do Carrio en Lalín

Valcarce

Submitted by admin on Thu, 03/07/2024 - 22:58

Se miramos ao listado de toponimia vemos como hai unha palabra máis frecuente nel que é claramente un semantización latina, una explicación da palabra en función do contexto actual, nese listado Valcarce é Varcalcel, é dicir parece que di é o val do cárcere, pero en castelán. Coma Catabois, na entrada anterior, parece dicir algo dos bois, en vez dos de arriba.