Vén acó!

Submitted by admin on Mon, 01/29/2018 - 13:10

Outra localidade galega fai, na lingua celta galega, unha publicidade imperativa "Vén acó!". É certo, a publicidade funciona en segundo que casos.

Probablemente acompañado de frases como "para mercar os mellores cabalos", "para comer o mellor polbo", etc. Como se ve a competencia entre festas, entre vilas, entre mercados, é xa moi antiga. Queremos atraer aos veciños as nosas actividades.

Falando de cabalos compriría citar que cabalo é celta (só egua é latina procedente de equus) tanto en galego como en castelán. As ferramentas máis utilizadas na vida cotiá como cabalo, carro e moitas outras resisten a presión da latinización. Ademais permanecen ocultas en nomes como serra da Capelada, ou A Capela, que proceden de capelli, cabalo en celta e non de Capela da Igrexa. Entre outras razóns está a de lóxica de sentido común, que sentido ten chamar a unhas montañas onde é dificil atopar unha soa capela, Capelada? En cambio a uns montes cheos de capelli si se deben chamar, ten sentido chamar Capelada.