Lanóbriga

Submitted by admin on Fri, 05/13/2022 - 14:54

Para ver que, efectivamente, os celtas galegos formaban parte dunha civilización, que tiña pequenas cidades do seu tempo, nada mellor que ver o vídeo sobre Lanóbriga.

Lanóbriga

Recomendo velo. Cun excelente traballo de recreación e renderización. Nel podemos observar un pobo estruturado, cunha cultura propia, con símbolos propios, de xente feliz que non envidiaban aos romanos. Que sabian defenderse, como é posible ver nas imaxes das murallas.

Pero que significa o nome? Pois briga é a terminación en España e Portugal das cidades fortificadas-do seu tempo- celtas.

E lano, eu entendo que é lan+ó=moito(lan) neto(ó), indicando que é unha cidade celta con futuro, con xuventude que fará continuar a poboación. De feito, o vídeo fala do século II A.C. e o actual e xigantesco San Cibrao de Las dura ata ben entrada a romanización, polo menos ata o século II d.C.

Ao vídeo fáltalle un detalle que (non leron celtia.org) explicita o nome actual, Las. Non se ve, desde lonxe, a imaxe nocturna do castro. Un castro tan fenomenal veriase desde lonxe las

las, v.t. & i. 1. Light. Iluminado.3. Flame, inflame. Flameado, inflamado...

San Cibrao da Luz, San Cibrao Iluminado,...

Hai que dicir que leva 3 dias posto en youtube e xa ten case 9000 visionados. Un éxito para a arqueoloxía galega sen paliativos. Parabéns para os autores e a ver se me poden ensinar a renderizar, que estou desexando aprender...

En canto aos nomes en celta galego escritos nunha ara romana preto do lugar, Lambrica, Lansbrica ou Lanobrica, Lanbrica significa o mesmo lan (moita) brica (cidade celta). Unha das máis grandes da Gallaecia como conta a Galipedia. Algo asi como diriamos hoxe Eche moita (lan) cidade (briga). Os celtas galegos sempre presumindo.