Braga

Submitted by admin on Thu, 05/31/2018 - 12:02

Braga é unha cidade moi importante na cultura da Gallaecia. Capital sueva de Galicia. Diócese Bracarense... e moi conectada a Lugo como outra das capitais da Gallaecia romana.

Imos deconstruír a palabra Braga supoñendo que sexa celta. Dixemos sempre que ese sufixo ga é un sufixo de propaganda. Está anunciando que aquí ocorre algo mencionable, destacable e ainda máis, nalgúns casos, vendible.

O significado actual e principal de bra no irlandés actual como suxeitador non nos vale (non os había hai miles de anos). Un significado antigo como refén tampouco acae demasiado ben. A última opción é (do dicionario de celta antigo)

brà, bràth

a quern, Irish bró, g. brón, Early Irish bró, g. broon, mill-stone, *brevon-, *bravon-; Sanskrit grâvan-; Lithuanian gìrnos; English quern.

pero un quern en inglés é

Definicións de quern
nome
a simple hand mill for grinding grain, typically consisting of two circular stones, the upper of which is rotated or rubbed to and fro on the lower one.
A 19th century hand-powered barn winnowing machine using volunteers' muscle power will then separate the grain from the chaff before milling, using machines from replica Stone Age querns to a Bamford mill powered by a 1930 tractor.

Temos, xa que logo, a solución: en Braga fabricábase e vendíanse muiños de man dándolle nome a cidade.

Brath, como acabamos de ver co mesmo significado, é o nome dun conxunto de música celta galego Brath

Se imos á wikipedia galega Braga é romana e procede de Bracara

Braga (do latín bracara, topónimo procedente dos brácaros, que habitaban no convento de bracarense, e que fai alusión as brācae [1], bragas ou calzas que vestían. Despois foi chamada 'Bracara Augusta'.) é a cidade máis antiga de Portugal e unha das cidades cristiás máis antigas do mundo occidental, fundada no tempo dos romanos como Bracara Augusta, ten máis de 2000 anos de historia como cidade.[2] Está situada no Val do Cávado, no Norte de Portugal, e en 2011 tiña 181.474 habitantes. É a capital da provincia de Minho.

Hai outras cidades nas que hai alternancia de significados Celta/latino ao longo do tempo Os brácaros chámanse así porque vivian na zona de Braga e  Braga chámase así porque producían muíños de man de pedra ou ao revés primeiro existian os brácaros que tiñan calzóns e diron nome a todo, incluíndo o nome da cidade? A minha opinión  é claramente, para nomes que poden ter unha lonxevidade de 6000 anos ou máis supoñer que primeiro é o nome do río, ou o nome toponímico natural, a que dá lugar aos nomes de tribus e non ao revés, que son as tribus existentes hai 2000 anos (pero non hai 3000, ou 6000 anos), as que dan o nome a cidade. O pindirico que vén dos píndaros non me convence, ainda que non teño probas definitivas, nestes lugares tan romanizados para poder dicir que teño razón.

Para min existe Braga (celta) no neolítico->miles de anos despois os bracáros tribu que viven na zona de Braga->Os romanos toman os brácaros como nome e dan lugar a Brácara Augusta->Pasan centos de anos anos e, xa sen a presión de Roma, o nome primitivo aflora como se fose un derivado romance de Brácara.

En calquera caso, Braga é un nome celta válido e xa sabemos algúns significados de bra en celta