Angueira, angosto

Submitted by admin on Sat, 03/25/2023 - 09:59

Xa vimos Agueira, angueira en celtia. Angueira traducida coma An-gueira, a colección. Pero hoxe A voz fala de Angueira do Castro, en Rois, e iso ten outro significado. Non o da RAG, precisamente: angueira substantivo feminino Calquera actividade ou negocio en que alguén está ocupado. Sempre se encargou das angueiras da casa. A súa angueira diaria parecíalle aburrida. SINÓNIMOS labor, ocupación, quefacer, tarefa, traballo

Senón máis ben relacionado con angosto, que seguramente vén do latín angustus, procedente de anguere, pero coa raíz indoeuropea *angh relacionada co estreito e dooroso. Así, o temos en celta?

Pois xa vimos Angrois, que ten Ang, ang = eang. E

eang, f. (gs. ~a, pl. ~).1. Track, trace 2. (a) Inset, gusset.(b) Angle, corner; piece, strip. 3. Notch; nick, groove. 4. Gap, interval. E dicir,

1. Rastrexar 2. (a) Inserto, refugallo. (b) Ángulo, esquina; peza, tira. 3. Muesca; incisión, suco. 4. Oco, intervalo.

Estes significados están relacionados con paso (esquina, oco) estreito (peza, tira, suco) e dooroso(incisión). Así, no artigo da Voz falan de entrada estreita para Angueira do Castro. Latín?

Eu o vexo celta. Ang-gueira, colección de pasos estreitos para o castro. E, de paso, angosto pode vir do latín ou do celta, ou de ambos.