Se hai un lugar do mundo que verdadeiramente se poida chamar El Dorado son As Médulas, na fronteira entre Galicia e León. A Galipedia conta o por que:
As Médulas foi unha antiga explotación romana de ouro a ceo aberto, e forma hoxe unha paisaxe espectacular no que antano fora o monte Medilianum, con areas encarnadas, castiñeiros e carballos verdes. Está situada preto da aldea homónima, no concello de Carucedo, comarca do Bierzo.
Historia e características
Segundo o relato de Plinio o Vello, quen na súa mocidade foi administrador das minas, extraíanse cada ano 20.000 libras de ouro, empregando 60.000 escravos, que en 250 anos de explotación deron 5 000 000 de libras (= 1 635 000 kg). Segundo os datos do profesor arqueólogo Antonio García Bellido, as terras removidas acadaron os 500 millóns de m³, o que cun rendemento medio de 3 g/tonelada de terra implica uns 1 500 000 kg de mineral.
Mantivemos a economía romana desde a Gallaecia romana durante 250 anos, xa que logo.
Que ten que ver As Médulas con Orellán e con El Dorado? Seguimos coa Galipedia:
Orellán, localidade do concello de Borrés, no Bierzo. E alí conta que: Hai un miradoiro desde o que se divisan As Médulas. Orellán está preto das Médulas, polo tanto, o lugar cunha das maiores producións de ouro da historia.
E que pode significar Orellán en celta galego?
Vexamos or-e-llán, xa explicamos que llán e o mesmo que lan, moito, abundante, rico.
E or? Pois simplemente ór1, m. (gs. óir).Gold. Ouro
e pode ser unha semantización a orella de orilán=Moito, rico, abundante (lán) en(i) Ouro(or).
A cal é unha descrición perfectamente acaída do lugar das Médulas, do El Dorado galego.
Quérese dicir que os outros orelláns galegos son ricos en ouro? Poidese ser, nas Médulas é certo, o cal quere dicir que noutros sitios podería haber algo ou ben ser lugares fabricantes de ourivería, Así o castro de Baroña poidese ter unha industria de ourivería preto que vendese aos comerciantes mariños. Entón, alí, fabricarían moitas pezas de ouro. Traballarían moito no ouro.
E en Orellana, en Extremadura? Non se coñece que haxa ouro, pero si que alí foron a parar repoboadores galegos e leoneses que moi ben poideron vir de Orellán.
- Log in to post comments