Cornualles, novo xiro aquí

Submitted by admin on Tue, 06/19/2018 - 20:48

A estas alturas xa sabedes que lle significa aquí, sabedes que nua é novo (e se non sabedes ides a mirar un dicionario de Irlandés) e podedes presumir que cor, no seu significado menos habitual en celta galego-celta antigo, polo tanto- é xiro. Polo que a explicación que damos no artigo anterior acae perfectamente:

Non hai que ser gran lingüista, nin francés, para saber que Cornualles significa novo xiro aquí, de feito os barcos que pasaban por Cornualles tiñan que dar a volta, xirar,  para subir, ben a Gales, ben a Irlanda. Para baixar desde Irlanda e ir a Inglaterra, igual, pero con distinto xiro, claro. O curioso do asunto é que a tradución é do celta galego. É posible que en galés, irlandés ou córnico se dixese doutro xeito. Como conclusión se cor é rocha é imposible entender nada na toponimia galega. É o maior atranco para esclarecer a toponimia galega.

Cal é, xa que logo, o significado máis habitual de cor en celta galego? pois lugar, situación. Veremos que substituíndo cor por lugar no 90% dos casos da toponimia galega colle un sentido luminoso e claro, cousa que non ocorre con "rocha". É incrible que con 2500 topónimos rexistrados de corga e corgo se poidesen traducir nin lonxanamente por rocha, ou pedra ou como se queira dicir algo equivalente ningún deses 2500. A corga da igrexa, ben a pedra da igrexa, esa pode ser....os 2499 restantes, non.