Entre lusco e fusco

Submitted by admin on Wed, 01/02/2019 - 12:32

Se lle preguntamos a calquera diranos que lusco e unha forma algo chusca de dicir luz e idem con fusco de dicir noite. Imos ver que relación problemática ten co celta. Así a RAG di que:

Lusco [Persoa, animal] que non ve ben dun ollo ou que ten a vista torcida. Parece lusco, pero tenche boa vista. CONFRÓNTESE birollo, cegarato, chosco, pitoño, vesgo

substantivo masculino2 Luz vespertina que vai perdendo intensidade a medida que se acerca a noite. Sentada onda a ventá, vía como o lusco se ía apagando.

E fusco, fusca adxectivo Escuro, sombrío, que tira a negro. Estaba todo moi fusco e non o puiden ver ben.

En principio o primeiro significado de lusco é contraditorio co seu segundo significado e cun significado de luz. Se non ves ben, tes pouca luz ou luminosidade non é o momento da luz vespertina. O exemplo do lusco se ía apagando insiste en lusco como luz, o cal é o sentido "inxenuo" de lusco.

En celta

lusca, m. (gs. ~, pl. ~í). Underground chamber, crypt, vault. ten o sentido de cámara subterránea, cripta, bóveda, unha situación sen luz, que corresponde ao primeiro significado galego (non se ve ben) e contradí ao segundo significado.

E, en cambio, fúsc, ~adh = úsc1,2, -adh.

E úsc1, m. (gs. úisc).1. Oily, greasy, substance; fat, grease; extract. ~ éisc, fish-oil. ~ , goose-grease. ~ olla, wool-fat, lanolin. ~ coinnle, candle-grease. 2. Exudation; sap, juice. ~ giúise, pine resin.

Non ten tampouco significado de luz, senón, quizais de utilizar un candil con aceite e grasa para iluminarse. Así se traducimos do celta entre lusco e fusco sería semellante a entre a obscuridade total e o momento en que utilizamos un candil para iluminar a escena.

En resumo, unha frase con utilidade prática xa que marca o momento preciso onde nas casas e nos castros había que aceptar que xa non había luz e polo tanto pasar a iluminarse co candil se querías ver ou realizar algo. Xa o expliquei en Las de San Cibrán de Lás. Ese enorme castro estaba iluminado polas noites (e por iso víase moi iluminado desde lonxe, da aí o de Las). O noso punto de vista actual de lusco e fusco, case sinónimo da tardiña, a última hora da tarde, que abrangue varias horas, non ten que ver coa utilidade e precisión do entre lusco e fusco da idade de Ferro. Os aceites, resinas, grasas e demais materiais de utilidade nos candís eran escasos e caros, así que acender o candil debía facerse no momento preciso en que xa non había luz e cómpría estar iluminado- entre lusco e fusco, pero no sentido celta.