Maradona, tan malo

Submitted by admin on Tue, 03/06/2018 - 17:18

É un famoso apelido debido ao futbolista arxentino que así se chama, pero tamén, como é habitual con algúns apelidos galegos, existen topónimos Maradona en varios lugares de Galicia (que non os menciona a Galipedia, só existe o futbolista Maradona). 

Maradona, un apellido lucense - La Voz de Galicia Tamén fan diversas hipóteses sobre a orixe da palabra.

Hai outros lugares de Galicia, sen embargo, no que existe Maradona. Así que

1-Probablemente Maradona teña unha orixe galega.

2-Tan malo, pode referirse a un lugar malo pola orografía ou outra razón, a súa climatoloxía, ou vaia vostede a saber porque. Sería interesante pasar por estes lugares para ver se é posible facer unha hipótese razoable das "maldades" deses lugares. Por exemplo unha curva perigosa, din en internet  "Existe un lugar no concello de Barreiros, entre Vilanova de Lourenzá e Celeiro de Mariñaos que se chama A Maradona.  (Por desgraza tamén dá nome a unha curva moi perigosa na estrada, a curva da Maradona, onde xa houbo varias mortes)".

Polo que se ve para esta persoa a curva "A Maradona" está ameigada polo "mal" feita  ou acaída ou polo "mal" traballada na súa construción. Desde logo o adxectivo de mala está ben asignado.

(ver herba dona, dona é malo/mala en celta)