goldra, goldracha, goldrallo, goldrar, goldrecho, goldreiro,goldrento, goldría, goldro, goldroada, goldrón

Submitted by admin on Fri, 05/31/2019 - 13:19

Xa sei que máis dun dirá que goldro topónimo vén da palabra galega goldro:

Goldra, Goldro

Lama branda e solta que se forma nos terreos mollados e moi pisados. Non te metas nesa goldra, que te manchas todo.2 Sucidade que se pega ás cousas. Este deterxente quita ben a goldra da louza.

E efectivamente, algo ten que ver, goldro está distinguindo dúas zonas unha "chorando", mollada e outra seca. E a liña que as separa como en goldría substantivo feminino Remuíño de auga que forma o mar entre as pedras arrastrando materia con escuma. Ten coidado coa goldría ao te bañares. Fala da zona de separación entre o mollado do mar e as rocas (secas, en principio)

Todas as demais palabras con goldro remarcan un comportamento "border-line", un comporamento fóra do normal ou de división entre comportamento normal e non usual.

En fin, case todas esas palabras falan de pasarse da raia nalgún sentido, pasarse do usual normal, evocando o sentido orixinal celta de goldro liña chorando, liña de turning ou tipping point en inglés ou en palabras dos Rolling Stone en "All down the line" Oh, hear the children crying all down the line.

Pois ben, no dicionario da RAG  goldreiro, goldreira substantivo1 Persoa moi sucia que está chea de cotra. Haste lavar cando poidas porque es un goldreiro. SINÓNIMOS goldracha, goldrón   Así é unha persoa que se pasa da liña, da raia da suciedade.

Ou en goldroada substantivo feminino1 Comida mal feita ou de mala calidade. Comida "all down the line", poderiamos dicir seguindo a etimoloxía celta.