Torbeo

Submitted by admin on Thu, 08/08/2019 - 15:06

Torbeo en Ribas de Sil é unha parroquia da comarca de Quiroga. Curiosamente, na toponimia oficial non existe... parece que non se entenden co bispado... e non lle preguntaron o nome das parroquias.

 
TOPONIMO CONCELLO PARROQUIA
Camiño de Torbeo CASTRO CALDELAS Mazaira (Santa María)
O Portelo do Torbeo CASTRO CALDELAS Mazaira (Santa María)
O Torbeo CASTRO CALDELAS Trabazos (Santa Olaia)

Pero ainda así dinos ou dános unha perspectiva do significado xa que na entrada da wikipedia Festa dos fachós

A Festa dos Fachós de Castro Caldelas celébrase o 19 de xaneiro[1] na véspera do día de san Sebastián, comeza coa caída do sol e prolóngase durante a noite. Esta celebración converteuse nunha das tradicións de culto ó lume máis representativas de Galicia[2], na liña doutros folións con fachas que aínda persisten.

Culto ao lume? Que é Torbeo?

Tor xa sabemos que é arbusto e beo?

beo1, m. (gs. & pl. ~). 1. Living being.

beo2, a3. 1. Living, alive.

beo3 = breo1.  E que é breo? xa o vimos cando falamos de Bero Breo. Facho.

Así que no lugar onde aínda se celebra a festa multimilenaria de Lug (deus da luz-probablemente) disimulada en tempos cristiáns, primeiro co Breo-Facho e logo coas distintas versións de festas do facho, como as festas dos fachós de Castro Caldelas. Así que non é casualidade que Torbeo apareza en Castro Caldelas e case en ningún outro lugar.

Torbeo, facho de arbustos usado na festa dos fachós, en Castro Caldelas, en Taboada e en máis lugares de Galicia. As cousas encaixan perfectamente como se fose a resolución dun cubo de Rubik.

Por certo os fachos que se fan actualmente non son de arbustos, senón de palla de centeo. Deberían revisarse e facelo de arbustos (quizais con ago de grasa animal) para achegarse á tradición.