Verís, Berís e Verines

Submitted by admin on Thu, 08/22/2019 - 23:41

Despois de falar de Iris compría completar a teoría visitando Verís, en Irixoa.

Igrexa de Santa María de Verís

Lembro cal era a teoría, rís, un lugar descuberto. Be o verbo estar, así que Berís está descuberto, nunha zona aberta. Para chegar alí fun varias veces porque un día habia tormenta xeral pola tarde e foi imposible atopar o lugar. E unha segunda vez pasei ao lado do letreiro Verís, 1 km. A igrexa cumpre as espectativas, primeiro ten un nome precioso, Verines, suposta e ridícula tradución ao castelán de Verís. E Verís suponse que ten que ver con Ver, ou algo parecido.

Pero, o fundamental, é como era o lugar: unha ladeira de pendente mínima na que se vía a distancia varios km da paisaxe. Dito de forma inversa a igrexa (celta) de Verís, hai miles de anos era visible desde varios km. Estaba ao descuberto. Be rís.

Por si non fose suficiente temos que a igrexa ten o símbolo celta galego do románico nunha versión primitiva, distinta e orixinal.

Mirade as fotos.