Barallobre

Submitted by admin on Tue, 08/27/2019 - 17:29

Hoxe fun a fotografar na zona de Barallobre e cheguei ata alí, a Igrexa que, con toda seguridade, era unha igrexa celta hai 2000 anos. Igrexa de Santiago de Barallobre

A verdade é que se un non traduce un lugar que o expoñente máximo das palabras celtas, universalmente admitidas, pouco teño que facer:

Saber, saber, sei traducir o topónimo desde hai 3 anos, case. Pero algo se me escapaba da comprensión polo que preferín esperar e ver outras comparativas de palabras. Así que é a versión definitiva da palabra pero a versión provisional tradúcese por:

bara1, f. (gs. ~, pl. ~í).1. Inclination, intention. an bhara sin fút, if you are so inclined. mbeadh ~ do leasa fút, if you wished to do what was good for you. ~ na himirce faoi, he is thinking of emigrating. Bhí a bhara faoi Mhac teacht, the Son of God intended to come.

Inclinación, intención

bara2, m. (gs. ~, pl. ~í). Barrow. ~ láimhe, rotha, hand-, wheel-, barrow. Carreta, xa que logo.

Llo diciamos que pode ser "o día de", ou unha variante de día e bre algo traducible por alto ou con boa vista da paisaxe.

Agora describimos a igrexa, dunha forma que non é perceptible nin coas fotografías. A igrexa ten unha gran extensión de adro. Desde logo poderían caber unhas vinte carretas. A igrexa ten boa vista da ría de Ferrol, ainda que tapada polas casas actuais enfronte. Para chegar ata alí desde a costa as estradas teñen moi pouca pendente, un 2%, quizais. Se un quere subir como o fixen eu polo lado da igrexa ten unha pendente do 5%, ou máis , do 7%. A igrexa, polo tanto, non está na cima, non é un outeiro, que estarán (hai 2) a 500 metros máis arriba. Pero ten vista. Ainda que é mellor no outeiro (ver a segunda fotografía polo final).

En resumo, a tradución non é carretas no alto o día de (suponse a festa de lug, lughnasad ou outra calquera) como pensaba hai varios anos. Implicaba que ese día as carretas tiñan que subir alí, necesariamente, unha festa de carretas, por dicilo así. A versión actual é máis propagandistica e significativa: o día da festa de... podes subir con carretas (xa que é doado subir con carretas). Os demais sitios de festa, como Sillobre ou outros, non son tan doados de subir con carretas desde a costa. O nome indica a cualidade distintiva de Barallobre. Se vés aquí, á festa, podes vir con carretas ou carros (quizais a unha celebración agrícola ou militar, os carros celtas britanos son famosos, ainda que os utilizaron mal na súa derradeira derrota).

Un carro famoso é o de Boudica que está na estatua a ela dedicada preto do Parlamento británico e nun extremo da ponte do Tamésis. Tamén unha canción de Enya. O seu carro, hoxe en día, representa a vontade británica de defender a patria. Xa quedou esquecida a raíña Morrigan (unha das tres da Morriña) que hai miles de anos simbolizaba iso mesmo.