Sorrizo, Porto de Sorrizo e o glaciar de Sorrizo

Submitted by admin on Wed, 09/04/2019 - 10:31

Hai dous días fun por Sorrizo. Ía fotografar  a reitoral e quedeime coa igrexa, unicamente. No camiño traducín Sorrizo e comprobei que, efectivamente, era así:

so-1, pref. (Hyphenated before vowels, and before bh, dh, gh, mh when followed by a, la, ra) 1. (Chiefly with verbal adj. or s. formed from verbal adj.) Easy to. 2. (With s. or a.) Good.

Imos quedarnos con este so, bon.

ris2, adv. Bare, uncovered, exposed.  descuberto.

Sorrís podería vir de boa (zona) descuberta. E de aí, sorrizo. Efectivamente é así. Como se pode ver nas paisaxes que rodean a Igrexa en  

Igrexa de San Pedro de Sorrizo.

En canto a  que, hai miles de anos, en Sorrizo poidese  ser que houbese un glaciar ou un coluvión.Vémolo na forma do mapa do porto de Sorrizo Porto de Sorrizo

e na fotografía con sedimentos glaciares ou de coluvión dese porto. A forma encaixa perfectamente con imaxinar unha lingua de glaciar desembocando na praia hai miles de anos. Por se non fose suficiente, vemos que na praia contigua está chea de cantos rodados deses sedimentos glaciares da zona. Cantos rodados que só se  producen en tan gran cantidade nos glaciares ou nos coluvións.  Alí, ademais, non hai ningún río, aínda que si poido habelo hai moito tempo. E en toda a zona as praias, como a de Barrañán, son de area fina.

Praia glaciar

Unha lembranza da época cando fumos a Irlanda pasando dos glaciares galegos aos glaciares irlandeses. E unha relembranza de que  xogar co cambio climático é unha mala aposta de tafur. As forzas que convocamos van acabar coa nosa terra. Os cambios naturais nuns miles de anos xa foron terribles para xogar a facelos ainda máis definitivos.