Ruda e Dialectos celtas galegos

Submitted by admin on Sat, 05/22/2021 - 15:36

Ruda é latín, con case seguridade, pero para un celta galego pasar de rú a ruda non foi difícil, seguramente por ter a mesma raíz indoeuropea. Ver a Ruda Ruta Botánica do Pazo Museo de Arxeriz

O que vemos, polo que vimos na entrada anterior, é que a ruda é un punto central na cultura celta galega. Algo que engadir ao ron-selo e o seu uso administrativo, ou á cultura celta galega extremadamente relixiosa. Se a Igrexa inmatriculou 7000 edificios e igrexas en Galicia, case como toda España, non é só pola dispersión xeográfica galega, senón pola extrema beatería e credulidade celta- semellante á irlandesa- galega e que fixo sonreir ao representante da Igrexa ao explicalo. Xa se sabe, Galicia, explicaba, e con iso chega...

Algo teremos que engadir, pero dicir que, probablemente, nunha proporción alta, as igrexas inmatriculadas sexan xa de orixe celta. Etc..

Cada nova tradución da toponimia é un novo dato histórico, etnográfico, sociolóxico, e aumenta a comprensión non só dese punto en concreto, senón tamén da cultura galega e da cultura celta galega. Así a ruda entra pola porta grande nesta historia.

Como dicía miña nai, é malo coma a ruda. A Galipedia o confirma:

Planta herbácea que chega a arbusto perenne de até setenta centímetros ou máis, de base leñosa e con pequenas flores amarelas en corimbo, que despide un cheiro forte e ten propiedades medicinais. O talo áchase moi ramificado, pode vivir varios anos, por mor a esta lonxevidade o talo pode tornarse lígneo.

As follas son semiperennes, de cor verde glauca, azulada, son alternas compostas por varios segmentos dos cales os laterais son alongados e o terminal ovalado ou abrancazado, de consistencia algo carnosa. As flores, forman franzas e teñen entre catro e cinco pétalos, sendo dunha cor amarela viva. O froito é unha especie de cápsula con cinco lóbulos. A planta enteira ten un recendo característico difícil de confundir con outros. O sabor das follas ten un lixeiro proído, mais este fica enmascarado polo intenso recendo que bota.

Historia

Na Biblia aparece mencionada (Lucas 11:42-43) esta planta como peganon (πηγανον) este nome se continúa a empregar no grego moderno coma apiganos (απήγανος). Na taxonomía botánica actual Peganum denota un xénero moi afastado da arruda, denominado Zygophyllaceae.

Usos

Flores da arruda.

Froitos e sementes

Culinario

A ruda emprégase na cociña polo seu lixeiro toque entre proído e agre, aínda que o seu aroma é empregado en diferentes mollos ou mesturas alcólicas (a grappa italiana por exemplo ou a augardente de herbas galega). Emprégase moito en Etiopía para dar sabor ao café e na mestura de especies denominada berbere. Emprégase tamén nalgúns lugares de Italia para elaborar un mollo de tomate especial feito de olivas e alcaparras (en conxunción coa maiorana, o levístico e o alfábega).

Existen certos riscos de cociñar con arruda por mor á súa forte toxicidade.

Medicinal

En calquera caso débense empregar desta planta as follas frescas (acabadas de cortar); as secas son un pobre substituto. A arruda é unha planta con gran contido de vitamina C e por esta razón se considera antiescorbútica, con todo non é tan apropiada como a do limoeiro. Acostúmanse empregar en infusións como emenagoga, é dicir para provocar ou para deter a menstruación.

Cómpre usar en pequenas cantidades por mor á súa toxicidade.

Contraindicacións
 

Embarazo, lactación.

Etnografía

A ruda adoita empregarse coma unha das Herbas de San Xoán por se considerar máxica e para afastar os maos espíritos.

Xoán Sobreira Salgado na súa obra de 1790 Vegetables de Galicia[3] aché

ganos un poema popular no que aparece a ruda:

Tende-la ruda,

tende-la sarja[4],

tende-la herva,

da frecha na casa.

Fitofototoxicidade

Bóchegas producidas polo efecto da ruda na pel e a exposición ao sol.

Aínda que serve para repeler insectos, cando se aplica a ruda sobre a pel pódese producir un efecto fotoirritante nalgúns casos. Contén varios aceites esenciais e alcaloides que poden causar extrema sensibilidade aos raios ultravioletas, coa aparición de bóchegas e lesións na pel.

 

A cantidade de usos explica a necesidade de coñecer onde atopar esa planta. Explica a extensión do topónimo axudando a atopala.

En canto aos dialectos celtas galegos é unha cousa aprendida nestas últimas semanas. Vimos que, en Palas de Rei, hai unha zona dialectal que converte os án en á: Marzán->Marzá,  Gundián->Gundiá, e Albán->Albá.

Cousa que se repite en toda Galicia con Rubián->Rubiá, ou variantes como Rubiáns ou Rubiás. Un mundo dialectal non tanto pola descomposición das palabras polo paso do tempo, senón pola pronuncia das palabras distintiva de cada zona. Entender Palas de Rei foi decisivo para entender as variantes de Rubián.

E por último, a tradución en si de Rú estaba impedida pola tradución a Rue en inglés que pasada a galego daba Rúa, totalmente errada (coma se fose francés), pero ao final, pasando ao castelán e tendo en conta o matiz botánico, daba a tradución correcta de ruda.

E entender o tamaño-size irlandés de bián como o sinónimo cantidade (todo tamaño mídese pola cantidade) foi grazas a visitar Curbián e ver que na zona non hai ningún asentamento de tamaño senón unha cantidade de asentamentos pequenos, ou restos actuais destes antigos asentamentos.  Sen esas visitas á realidade  da paisaxe galega a tradución de Rubián houbera sido imposible. Claro que para un estudioso de salón chegarialle con atopar nos libros franceses(?) un nome dun suevo Ruberico que por deformación inventada deriva en Rubián. Moi fácil.

Tamén quero lembrar as veces, que, hai anos, que pasei por Rubián, indo a Monforte, e me preguntei polo significado. Xa o sei.