Como dician castro os habitantes dos castros?

Submitted by admin on Mon, 05/24/2021 - 23:29

Non foi planificado. Pasei  hoxe por Arzúa para fotografar  os puntos de interese cultural na zona e o primeiro punto que visitei foi o castro de Curbín, este

Castro Curbín

E dinme conta que escribira o significado en celta de Curbín hai moi pouco, aquí, en celtia.org. Pero cando o escribín non sabía que era un castro, non sabía que había un en Arzúa, e a ruta de visitas non é por nomes senón por puntos xeográficos. Non lembraba que Curbín estaba en novacarta.eu Así que foi unha sorpresa en todos os sentidos.

Pero, estando alí,  dinme tamén conta de que o significado en celta de Curbín describe perfectamente un castro estándar como o Castro Curbín:

Vexamos vas pola estrada que pasa por Arzúa e ao final da zona poboada ves un letreiro que pon Castro Curbín. Subes ascendendo uns 30 metros e chegas ata as murallas do castro. Alí atopas un castro con árbores que serve de parque de Arzúa.

En resumo, un castro era un asentamento celta (Cur) que normalmente se construía nun pico (bín ou binn) para dominar a visibilidade da zona e poderse defender cos muros dos posibles enemigos asaltantes.

Non coñezo ningún outro Curbín en Galicia -ademais do de Arteixo, que, visto o visto, tamén é un castro- e é posible que outros nomes de castros galegos describan outros aspectos: en castro Landín falan de moitos tellados (quizais de modo irónico) en Castro Maior falan dun castro grande, posiblemente o nome fose Mor- grande, convertido en Maior.

Pero se se ten que dar un nome xenérico de como dician castro os habitantes dos castros ese sería Cur, asentamento ou Curbín, porque na meirande parte dos castros están construídos nun pico. Así ao Castro Curbín só lle queda poñer un igual no medio para sabelo Castro=Curbín.