casa e caixa

Submitted by admin on Fri, 05/28/2021 - 13:25

Vimos na declinación de cas (envoltorio, pero mellor unha cousa que encerra algo dentro) que aparecen casa e caise.

Casa: etimologías de Chile di que ven dun tipo de habitación de estacas e ramas en latín (San Isidoro) e Corominas di que vén do hebreo. Un pouco raro se se quere aplicar a algo no que podes vivir e que che envolve. En celta, casa, declinación de cas, envoltorio. Se me pedides a miña opinión, vén do celta galego e castelán.

En canto a caise->latinízase a caisa-> como centos de palabras en galego faise aparecer a x pola s (A x non existe en celta)-> temos caixa. En castelán, por un proceso parecido temos caja.

Claro que nesa web acertan cando din que cápsula vén do latín capsa (xa que na ciencia é normal deducir palabras científicas do latín e esa vén de capsa, pero é máis discutible caja xa que a única "fortaleza" do razonamento é que no século XVIII crían que caja viña de capsa e por iso crearon cápsula).