Buazo, Brates e Beimil

Submitted by admin on Tue, 06/15/2021 - 12:46

Cambiando de tema, onte fun por Boimorto, de novo, e atopei outros topónimos interesantes coma Buazo, Brates e Beimil. Por non deixalos esquecidos no tinteiro, e despois abandonalos, vou  tratalos:

Buazo o deconstruímos a Bua so

Bua-Victoria

So-esta a través de so2 = seo. E seo seo, dem. pron. & a. & adv. This.

Así que Buaso= Esta victoria. Alí houbo unha victoria que celebran, pero da que non sabemos nada máis. A contorna non o dilucida tampouco. Quen venceu a quen? Quen foi o vencido. Porque? Que estratexia usaron para vencer? Centos de preguntas xorden, as respostas, moi poucas.

Igrexa Parroquial de Santa María de Buazo

A igrexa ten unha das carácterísticas dalgunhas prerromanas. O campanario, aínda vello e deteriorado, non é orixinal do templo senón un engadido lateral posterior. Se o tamaño é do orixinal celta a celebración da Victoria foi contundente pois triplica en lonxitude outras capelas celtas. Acaso enterraron alí aos heroes?

Brates, a miña primeira tradución é un dito con retranca galega, propagandístico:

Bra-muíño de man

Te-quente.

O que che están dicindo é que hai tanto gran para moer que os muíños de man están quentes. O s posiblemente influenza de nomes coma Frades.

ou ben vén de que facían mantos alí brat= Mantle, cloak.  Ou ben un lugar que esperta sentimentos ou a casa do pai de Breogán ( Brath, personaxe da mitoloxía celta que sería o pai de Breogán. )

brath, m. (gs. as s. -aith, as vn. -aite). 1. vn. of braith1. 2. Perception, feeling Como vedes hai onde escoller para traducir do celta. E agora sabedes porque o grupo galego Brath púxose ese nome Brath (grupo) - Wikipedia, a enciclopedia libre Nas tres últimas opcións o es final é unha latinización de Brat ou Brath a que soe algo latino, vaia. En xeral, tes moitas máis opcións en celta que se miras ao latín, por moita deformación da palabra que fagas.

Igrexa Parroquial de San Pedro de Brates

E por Beimil non pasei, pero tamén é propagandístico:

Be-Estar

i-en

Mil-mel

Se estás en Beimil, estás nun lugar doce, delicioso, estás en mel.