Lusío

Submitted by admin on Thu, 06/17/2021 - 15:52

Hai dous días pasei pola casa de Vazquez Queipo, o matemático creador da táboa de logaritmos máis vendida en España desde  a metade do Século XIX ata aproximadamente 1975 ou 1980, cando se impoñen as calculadoras nas aulas e universidades.

Casa Forte de Lusio  As fotos son escuras porque había unha das primeiras treboadas dunha semana de máximos de treboadas.

Hai máis Lusíos?A Galipedia di de 2:

O topónimo galego Lusío pode referirse a:

no listado

 
TOPONIMO CONCELLO PARROQUIA
A Agra de Lusío SAMOS San Cristovo do Real (San Cristovo)
A Casa Forte de Lusío SAMOS San Cristovo do Real (San Cristovo)
A Devesa de Lusío SAMOS Renche (Santiago)
A Devesa de Lusío SAMOS San Martiño do Real (San Martiño)
Lusío MEIS Meis (San Salvador)
Lusío SAMOS San Cristovo do Real (San Cristovo)
O Lusío RIBADUMIA Ribadumia (Santa Baia)

A miña tradución é a previsible, Lu-sío mellor Lu-síos.

De novo o efecto Vilar actuando. Hai miles de anos dicían Lusíos, pero os habitantes do lugar, cando deixan de entender o nome, ven que están falando dun lugar único, non hai nada en plural, polo que recortan o s da palabra, facendo un falso singular, Lusío.

Lu-moi pequeno, pequena cantidade, pouco

:beag2.

beag2, a. (gsm. big, gsf. bige, npl. ~a, comp. ). 1. Little, small. (a) (Size, amount, extent, degree)

beag1, m. (gs. big, pl. ~anna). 1. Little; small amount. 2. (With copula) Few. E síos

síos, adv. & prep. & a. Down. 1. To lower place or station.  Abaixo.

En resumo, un pouco abaixo. O cal, visto no Lusío que visitei ou, mesmo, desde a Igrexa da parroquia parece que é contradictorio. Porque a estrada vai paralela ao río Sarria, por abaixo e para ir a Lusío tes que ascender por outra estrada uns poucos metros. Está arriba do río. Pero desde onde nomearon o lugar? Se foi desde abaixo, o nome estaría errado. Pero no neolítico e despois, vivir a carón dun río, coa humidade conxelandoche os ósos non debía ser apetecible. Debían vivir polas zonas altas, soleadas, nos que fose posible cultivar, en planicies e non en ribeiras de vexetación espesa do río.

A estrada a Lusío continúa ascendendo polo que se hai unha planicie no alto e desde esa chaira Lusío víase un pouco abaixo. Posiblemente desde Vigo do Real (beag, big, pequeno) entendíase Lusío un pouco abaixo. Nesa zona alta había regos de auga suficientes para vivir alí.

Ver o mapa marcando Lusío

O novo mapa de Relevo de Google maps permitirache ver mellor o que digo: As curvas de nivel de Vigo do Real están por riba das curvas de nivel da Casa Forte de Lusío. Marca Relieve e o verás.