Lumeares (Solución)

Submitted by admin on Sun, 06/20/2021 - 12:15

Hai moito, moito tempo eu poñía acertixos en celtia.org para estimular a implicación e a participación da xente. Non me crerás senón ves que che estou dando unha ferramenta imprescindible para desvelar toda a toponimia celta galega. Próbaa. Intenta traducir ti o teu monte, o teu río, o teu lugar e entender aos teus antepasados seguindo o que ves, a túa contorna. Intenta entendelos e o verás finalmente entendido.

Pois este problema celta baseábase en observar as fotos publicadas na Voz sobre a parroquia Lumeares na Ribeira Sacra

Lumeares no que dicía

Lumeares aparece hoxe na Voz na noticia

Se pinchas no enlace verás unhas fotos que podemos describir con tres palabras cultivo ou zona de cultivo, de tamaño mínimo e no medio do lugar, no medio dos montes. Deberías poder deducir ao menos 2 das tres palabras celtas coas que expresaron os nosos devanceiros o lugar. Cales son?

A estas alturas deberías poder responder con rapidez:

Lu, coma en Lusío, de tamaño mínimo, moi pequeno

Mea, ainda que con certas dúbidas (mellor meán, ten que ser un dialectalismo, meá significa algo en celta, xa o veremos) significa medio, no medio do lugar e agora, desde hai pouco xa vimos res como cultivo ou zona de cultivo (Ares, por exemplo). O que vemos nas fotos da Voz son uns montes ou circo de montes nos que é imposible o cultivo, que teñen unha zona de cultivo, incluso habitable, no medio. Unha zona de cultivo, no medio, pero moi pequena comparada cos montes que os rodean.

Precioso, non? A min, parécemo.

Nese momento do pasado xa traducía res como cultivo, aínda que non sabía que era un misterio en castelán. Que non sabían entendelo.