Corbillón

Submitted by admin on Wed, 07/07/2021 - 12:21

Todos os apelidos que coñezo non son Corvillón senón así: Corbillón. Toda a toponimia actual é Corvillón, o Ilga debe considerar que están falando de corvos máxicos e moi grandes.

O topónimo galego Corvillón pode referirse a:

En realidade, isto dános a verdadeira pista, Corbillón e Covillón falan de fonte

 
TOPONIMO CONCELLO PARROQUIA
Fonte de Corvillón MERCA (A) Corvillón (Santa María)
Fonte do Covillón VEREA Bangueses (San Miguel)

Ten unha historia digna de contar, pois foi esta a única pregunta que tiven no Congreso de Cultura Celta Galega de hai, agora mesmo, dous anos. Coma se fose un test. Que cres ti que é Corbillón? Nunca oira a palabra, pero acababa de explicar que Cor significa lugar, situación e non pedra. Que Bi é existir e llón, e aí dubidei un segundo. Sabía que lón era fonte. Pero, llón? Pois llón é a lón coma llán é a lán. E contestei lugar no que existe unha fonte, unha provisión de auga.

Cal é a función, a utilidade do nome? Imaxínate un longo camiño que vai de A a B. Non tes mapa. Pero co nome sinalas os puntos importantes dese camiño. Aquí unha fonte onde podes beber. Aquí onde? Sábelo perfactamente, non sexas rosmón. En Corbillón. Só tes que traducir o nome para sabelo.