Gas

Submitted by admin on Fri, 07/30/2021 - 09:51

Gas responde a un problema que puxen ao principio. Dixen Gas é unha palabra que identifica Galicia como un país celta. Porque?

Neste artigo 900 é o momento de razonalo. O momento de escoller outra palabra clave  coma marbán e de lembrar os moitos artigos que estou deixando de escribir polas visitas aos distintos lugares de Galicia. Por exemplo, onte fun a Malpica de Bergantiños e anoto para ir escribindo o significado das praias de Beo, Seiruga, Barizo, lugar de Aviño (revisitaremos Valdoviño), Viana do Bolo, Viaño, don, ocean, diz, rodís, Loroño e a mesma Malpica. Como veredes un agradable, produtivo e céltico viaxe, foi o de onte.

Pero, volvendo a Gas, diciamos "onte": O cartel, perdido no monte, que marca o nome da zona como "GAS". Quizais haxa alí unha explotación de gas de Unión-Fenosa? Pois a verdade que sería a primeira noticia. Quizais unha zona volcánica con gas? Pois non é coñecida. Traduce "Gas" do celta ao galego e terás a razón dese letreiro. Dicíao aquí : Cal é o letreiro máis celta de Galicia?

Pois Gas é

gas, m. (gs. & npl. gais, gpl. ~). 1. Stalk, stem. ~ arbhair, prátaí, stalk of corn, of potatoes. ~ féir, blade of grass. 2. Sprig, shoot, frond. ~ biolair, fraoigh, sprig of cress, of heather. ~ raithní, frond of fern. 3. Fig: Stripling; scion. (Var:pl. ~a) É dicir

gas, m. (gs. & npl. gais, gpl. ~). 1. Tallo, talo. ~ millo, patacas, talo de millo, de patacas. ~ herba, folla de herba. 2. Ramallar, disparar, frondear. ~ berro, brezo, rama de berro, de breixo. ~ fento, fronde de fento. 3. Fig: Stripling(despoxando); descendente. (Var: pl. ~ A)

stem cell é célula nai ou the long, thin part of a plant that the leaves and flowers grow on- Onde as follas e as flores medran...

Así que gas aparece nunha das palabras máis salientables da Toponimia: Cangas, que veremos a continuación.

Pero agora identificamos marbán como unha das palabras máis celtas de Galicia, sobre todo se falamos da  Mámoa de Marbán xa que nesta pequena frase está a palabra e a definición: se alguén está nunha mámoa, evidentemente, ten que ser un morto, un cadáver.

Por último imos ver unha das razóns polas que non somos prerromanos, porque a definición de prerromano non acae cos galegos e galego si acae cos celtas. Vemos este mapa  amosando a porcentaxe de loiros en Europa e vemos que temos unha porcentaxe distinta de loiros co resto de España. O mesmo se poñemos un mapa de persoas de ollos azuis. O cal non indica que somos nin mellores nin peores. Pero si moi próximos xeneticamente aos ingleses, escoceses ou irlandeses, cousa agora demostrada coa xenética. Prerromanos en España son todo o mundo. Celtas, ao menos, maioritariamente, somos nós.

O mapa de