Cangas

Submitted by admin on Fri, 07/30/2021 - 14:42

A Galipedia di que

O topónimo Cangas pódese referir a:

En Galicia
 
En Asturias
 

O listado de toponimia di

Cangas
TOPONIMO CONCELLO PARROQUIA
A Allada de Cangas CANGAS Cangas (Santiago e San Salvador)
A Barronca de Cangas MOAÑA Tirán (San Xoán)
A Casa de Cangas OIA Viladesuso (San Miguel)
A Cetárea das Cangas VALDOVIÑO Pantín (Santiago)
A de Cangas MOAÑA Moaña (San Martiño)
As Cangas VALDOVIÑO Valdoviño (Santalla)
As de Cangas CANGAS O Hío (Santo André)
Auditorio Municipal de Cangas CANGAS Coiro (San Salvador)
Auditorio Municipal de Cangas CANGAS Darbo (Santa María)
Cámping Cangas CANGAS Darbo (Santa María)
Cangas BERGONDO Ouces (San Xoán)
Cangas CAMBRE Sigrás (Santiago)
Cangas CANGAS Cangas (Santiago e San Salvador)
Cangas CESURAS Loureda (Santo Estevo)
Cangas LALÍN Cangas (Santa Mariña)
Cangas PANTÓN Cangas (Santiago)
Cangas VIVEIRO Celeiro (Santiago)
Cangas de Morrazo CANGAS Cangas (Santiago e San Salvador)
Ceip de Cangas CANGAS Cangas (Santiago e San Salvador)
Cemiterio de Cangas CANGAS Cangas (Santiago e San Salvador)
Enseada de Cangas CANGAS Cangas (Santiago e San Salvador)
Enseada de Cangas CANGAS Coiro (San Salvador)
Enseada de Cangas CANGAS Darbo (Santa María)
Excolexiata de Cangas CANGAS Cangas (Santiago e San Salvador)
Lavadoiro de Cangas VIVEIRO Celeiro (Santiago)
Lonxa de Cangas CANGAS Darbo (Santa María)
Matadoiro Vello de Cangas CANGAS Darbo (Santa María)
O Canizo da Casa de Cangas OIA Viladesuso (San Miguel)
Ponte de Cangas CAMBRE Sigrás (Santiago)
Porto de Cangas CANGAS Cangas (Santiago e San Salvador)
Porto de Cangas CANGAS Coiro (San Salvador)
Porto de Cangas CANGAS Darbo (Santa María)
Porto Deportivo de Cangas CANGAS Cangas (Santiago e San Salvador)

E a RAG dá cinco significados para canga. Varias delas relacionadas co carro, coma

canga substantivo feminino1 Aparello de madeira ao que se suxeita, polo pescozo ou pola cabeza, unha parella de animais de tiro para enganchalos ao carro ou ao arado. Quítalles a canga ás vacas e lévaa para o alboio. SINÓNIMO xugo

Coma podedes ver non hai canga, hai unanimidade en cangas na toponimia, quérese dicir que o cangas da toponimia non é un plural de canga.

Un amigo enfadouse moito ao contarlle que Cangas non viña do carro, de canga. Pois si, pois si...

Dos 60 termos da toponimia que conteñen canga non hai ningún con canga (algo así coma Ponte de Canga, non hai, todos son de cangas, cangal, cangado...).

Que é cangas? Pois can cantar e gas vímolo na entrada anterior. E cangas?

As árbores caducifolias perden as follas no inverno e florecen de follas e flores na primavera. Asi que Cangas pode ser canción de primavera, de frondear, de floración...

Un dicionario daba a tradución de canción de nai, entendendo gas de forma non estandard coma sostén dos fillos, das pólas. Nese caso sería unha nana, unha canción de nai. Unha canción ao coidado da descendencia. Cangas, un lugar onde se coida a descendencia.