Solláns

Submitted by admin on Mon, 08/09/2021 - 00:04

Os que pasan pola AP9 todos os días pola zona entre Santiago e Padrón saben do Viaducto de Solláns e o teñen superaburrido ese nome. Pero seguro que nunca fixeron o experimento que fixen eu hoxe, o mellor, xa estamos no día seguinte, onte.

Solláns o depuramos e queda en So llán, que, como sabemos é unha eufonización de So lán. Isto (é) moito. Ou, se queredes, isto é total, todo. Ben, ía cara a Padrón desde Santiago, vexo o letreiro. O traduzo tal como xa fixera outras veces e non entendo que quere dicir.

Pero o experimento que fago, que recomendo fagades a pouca velocidade, amodiño e con coidado, é o seguinte: xira nese momento a cabeza de esquerda a dereita ou viceversa e veras algo incrible, unha especie de mundo total, formado polos montes que rodean ese momento a túa visión, unha visión de 360º, como se estiveras vendo un circo romano formado polas montañas. Ti estás baixando co coche desde un dos lados dese círculo, pero o círculo se completa formando unha visión total. Así que, se ves iso dirías isto é moito, isto é unha pasada, unha visión circular. Despois desta primeira vez, volvín a pasar por alí e se realmente eles dixeron sollán, eu dixen esta é unha pasada de imaxe. Isto é demasiado. Porque se acentuou a sensación? Porque o círculo e os montes co forman teñen, ao menos 50km de raio. Dito a ollo, pero estás vendo unha imaxe sorprendente e inusual. A mesma de Fistir. A mesma de  Sagres. O mundo aos teus pes.

Insisto, ide a modiño e xirade conn coidado. Outra solución é facelo desde unha estrada próxima a ese punto e pararse para ver esa imaxen. Eu non o fixen, pero supoño que verás o mesmo.

A Galipedia non sabe de ningún Sollán e o listado de toponimia si, de tres, pero non o da autopista, quizais.

Sollán
TOPONIMO CONCELLO PARROQUIA
Sollán ARTEIXO Loureda (Santa María)
Sollán ARTEIXO Morás (Santo Estevo)
Solláns TEO Calo (San Xoán)