Lampón, Lámpada

Submitted by admin on Mon, 08/09/2021 - 00:55

A igrexa de Lampón en Boiro, que fun onte a visitar, ten o seu aquel, xa que hoxe ten polas noites o que tiña hai dous mil anos. Pero primeiro podédela mirar,

Igrexa de Santiago de Lampón

 

E que é o que ten agora polas noites que tiña hai miles de anos?

Hoxe ten lámpadas eléctricas. Soávos? Porque Lámpada en celta é Lampa. E o sufixo ón asegura que é unha. Lampón é unha Lámpada. E nese lugar, sexa cal fose, pois parece que cambiou de lugar, usábase unha lámpada. Para avisar dalgún acontecemento, coma chegada de invasores? Se estaba na costa, era unha especie de faro?

Podedes iniciar a investigación para poder determinalo os estudosos de Boiro...

Mentres podedes pensar na Lampa celta coma a orixe de Lámpada e Lámpara castelán. No último extremo hai quen di que vén do grego, a través do latín, e da  raíz indoeuropea la(i)p que significa iluminar ou queimar. Coma sempre, o razonamento é que os primeiros indoeuropeos aquí, en Galicia, foron os celtas galegos. Os primeiros en falar de Lampa e, aínda, quizais de  lanterna.