A quén lle interesa que novacarta.eu non funcione?

Submitted by admin on Wed, 12/22/2021 - 15:24

Despois de tres meses dedicado a Igaciencia en exclusiva:

Novos poliedros en 3d

Fotos e vídeos de robótica e drons

Fotos, vídeo, enlaces e valoracións de Arte e Ciencia: Escher

Gañadores do XII Obradoiro e Concurso Galego de Robótica. A Maxia da Robótica e dos drons

O Cartel de Ciencia en Galego 2021

Novos Poliedros

Videoconferencias do mes da Ciencia en Galego 2021

Entrega de premios de Novos Poliedros

XII Obradoiro e Concurso Galego de Robótica. A Maxia da Robótica e dos drons

Congreso de Igaciencia: Intelixencia Artificial

Converxencias arte e ciencia: Escher

Actividades de Igaciencia no segundo semestre de 2021

Converxencias Arte e Ciencia 2022 na Coruña

Pois está claro que non fixen nada novo, non escribín nada novo aquí, en celtia.org. E tampouco ningunha entrada nova en novacarta.eu

Pero si que levo tres meses en novacarta.eu limpando os cachés. Diariamente.  Senón o servidor deixa de funcionar. Por que? Porque hai uns graciosos que reventan a web a base de lanzarlle dia tras dia e hora tras hora programas-bots que simulan millóns de "visitas" que fan encher a base de datos nas táboas de caché e de erros. Táboas de caché que existen para facilitar gardar as peticións de páxinas e que cando se repitan sexan de presentación máis rápidas.

Xa que logo, ten sentido a pregunta inicial. A quén lle interesa que novacarta.eu non funcione?

A verdade que non sei a quen mirar. Ás administración que teñen interese en non ter competencia coas súas febles páxinas turísticas?

Ás empresas informáticas que quixeran cubrir ese nicho de negocio e queren eliminar competencia gratuíta pero forte?

Os servizos de ciberseguridade de España que están facendo experimentos con novacarta? a verdade e que llo denunciei con datos como números IP atacantes, etc... e non recibín nin un Ola, que tal?  ou faga isto e non o outro...

Incluso- estamos en celtia.org- unha explicación exótica: aos galeguistas anticeltistas, aos antigaleguistas iberistas, aos celtíberos nacionalistas,... aos antivacinas, aos que non lles gusta Galicia, ou o camiño de Santiago, e queren que non teña visitas,...