A RAG vive en Finlandia

Submitted by admin on Thu, 01/13/2022 - 12:40

Hoxe os xornais galegos falan do rexeitamento asturiano das propostas da RAG sobre a oficialidade do galego en toda Asturias. A proposta é plasmalo no Estatuto de Autonomía Asturiano, dado que van facer unha reforma que fai oficial a fala asturiana, "o bable", en toda Asturias e o galego na súa zona onde se fala, ainda que falando da lingua eonaviega ou algo así, en vez de galego.

Hai moito roce de sentimentos (quérennos avasalar, que se cren estes galegos ou estes asturianos, só nós decidimos sobre o noso, etc... os galegos decidimos sobre a nosa lingua...os asturianos -todos- decidimos sobre as linguas de Asturias... e condenamos a esta lingua a unha existencia indefinida). Unha imitación das guerras lingüísticas en todo estado (Queren facer desaparecer o español, queren que non se aprenda na escola, queren facer desaparecer o galego/catalán/eskera, todos os españoles decidimos sobre  galego/catalán/euskera, e realmente hai xente que ten eses sentimentos de pelexa, loita lingüística).

En realidade, os asturianos queren facer co galego de Asturias o mesmo que Galicia fixo co galego, españolizalo, para separalo o máis posible do portugués. As razóns poden ser as mesmas ou parecidas que as dos asturianos, non sexan que os portugueses nos quiten a nosa academia, a nosa liberdade, liberdade!.

Unha cadea de despropósitos lingüísticos que contrasta co que ocorre en Finlandia. Cando cheguei alí, no aeroporto, e ao coller o tren e zás, o primeiro golpe de vista foi o nome da Estación Helsinki/Helsinford. Ao seguir todos os letreiros das estacións de ferrocarril tiñan dous nomes (cando eran distintos). Que pasaba? Pasando os días funme decatando de que Finlandia ten dúas linguas cooficiais, o finlandés e o sueco. En Helsinki teñen un teatro sueco, un teatro con obras faladas en sueco, ainda que a maioría dos finlandeses de Helsinki falan finlandés e non sueco. En realidade cantos falantes de sueco hai? Pois moi poucos. Os suecos en Finlandia son o resto dos suecos que vivían en Finlandia cando-hai tempo- Finlandia pertencía a Suecia. E, polo que se ve, son mimados ata o extremo nos seus dereitos lingüísticos. Os finlandeses están orgullosos da presenza da súa minoría étnica sueca, de que falen e presuman da súa lingua. Venno como unha riqueza histórica do pais e non coma unha eiva.

Por iso digo que os problemas lingüísticos españois ou asturianos-galegos estarían xa solucionados se España fose Finlandia -se vivísemos en Finlandia e non en España. Así que a RAG expresou unha postura sobre a lingua que sería perfectamente factible en Finlandia, pero non en España e, concretamente, en Asturias. Preferimos, coma o conto do escorpión, morrer matando ( E está claro que o bable está nas últimas) que colaborar, permitir a autodeterminación lingüística da zona, da xente da zona eonaviega, e, en xeral, vela riqueza das linguas e non inventar novas linguas.

A parte occidental de Asturias é tan celta coma Galicia e o norte de Portugal e de León. Formou durante moitos anos parte da Gallaecia, do reino Suevo Galego, e só esa razón xa sería suficiente para ter unha postura amigable e de coordinación entre os dous países.

Vimos que foi así en Celtia, En Sama de Langreo, Nalón, Mieres, Riaño, Babia,... falaban a mesma lingua e mesmo contamos coma os asturianos conservan o diminutivo celta ín e os galegos e portugueses o transformamos en iño. Pero tamén vimos este Nadal (na Sexta, no programa España y sus mitos) coma un rei asturiano crea un mito o de don Pelayo ou Paio cunha batalla inventada en Covadonga sobre os árabes para prestixiar a súa monarquía e dar a coñecer que ten unha raíz de 170 anos (cando Paio vence aos árabes) e as outras zonas da Gallaecia non teñen esa batalla gloriosa. En realidade a poboación maioritaria e que sostiña esas guerras era a galega. De quen falan os historiadores árabes como inimigos é dos galegos, nunca dos asturianos. A franxa que se reconquista no menor tempo foi a que correspondía a Galicia, e ao sur de Galicia, Portugal. Así que primos irmáns somos, pero con moitos ciumes...

Don Pelayo na Sexta