Porras, Madorras, Porral, As Chamorras, Porrás e Porriño

Submitted by admin on Fri, 09/06/2019 - 17:46

Pasei onte por Marzán, e ao desviarme para Marzán, en Monterroso (xa que hai varios Marzáns) había un letreiro con Val de Porras. Topónimo non existente no listado oficial existente e actual.

Eu entendo que Val de Porras é un Val de Orras de Monterroso, pasado polo efecto "niño de la Guía", e o "a min sóname a Porras". Habería que ir alí, ao val de Porras e comprobalo. Ten promontorios dalgún tipo? Eu só fun a Marzán.

Valdeorras

Submitted by admin on Wed, 09/04/2019 - 15:50

O orras (entre os 75 orras) máis coñecido é o concello do Barco do Valdeorras. Ver a entrada anterior, Trasorras.

Val de parece latín, pero Valdeorras fala dun val con promontorios, non totalmente chá. Non é unha chaira.

Baralla

Submitted by admin on Fri, 08/30/2019 - 20:52

Xa que vimos que significa bara, intentaremos traducir o nome do concello de Baralla

bara2, m. (gs. ~, pl. ~í). Barrow. ~ láimhe, rotha, hand-, wheel-, barrow.