Villaión, Villallón, Villayón, Firbia

Submitted by admin on Wed, 04/13/2022 - 21:16

Villaión en unha vila con ións de calcio ou doutro ión? Pois non, Villaión é un concello de Asturias que tamén se di Villallón e ainda Villayón. Deberiades dicir xa, a estas alturas: non o digas, non o digas, xa o sei: se hai un lón ou un llón están falando de fonte de auga, provisión de auga. Tes dúbidas, ainda?

Pois mira google maps o que destaca dese concello eo-naviego:

Googlemaps Se ainda tes máis dúbidas podes mirar este outro Villallón, preto do anterior, en Oneta, Villallón

GoogleMaps2

Que vedes? fervenzas, fontes de auga pura, provisións de auga. Ainda máis en Firbia, no mesmo mapa, hai unha fervenza. E firbia celta? pois si. Fir dos homes (xen. plural), bia alimentos. Provisión de auga pura para os homes podería ser a tradución actual. Quizais firbia marca un significado entre lon-llón e bia. Os ríos grandes son bia, alimentos (ademais de troitas, peixes e favorecer vexetacións nas beiras) e fontes de auga para os animais, os lon-llón son fontes de auga máis pura para os homes, firbia.

Na wikipedia Asturiana din Villayón é na foto que a ilustra vese que é un yón, ou lon ou ión ou llón.