A incrible historia de Nabás e as lendas universais e milenarias da morte dos vellos en época de fame

Submitted by admin on Mon, 06/03/2024 - 10:31

Foi onte en Chandebrito, o excelente e notable grupo de Espeleoloxía de Vigo levábanos a un grupo, organizado pola Asociación Roxín Roxal, a visitar petroglifos, un muíño e un castro da parroquia. Subir andando ao castro non era moi doado para min, despois de estar desentrenado de catro meses sen case andar por unha fisura no peroné.

Asi que levaronme en coche ata preto do castro. Mentres esperabamos ao coche falaba con Benedicto sobre como levaba indo á festa celta de Ortigueira moitos anos e eu faleille de Celtia (desta web) e como Bia era unha palabra celta que en Irlanda significa alimentos e aquí incorpórase a moitos nomes dos ríos (Ibia, Nabia, Avia, Gubia, Xubia,....). Dixome, pero Nabia era unha deusa na época romana. Hai aras co seu nome.

-Si, o cal non quere dicir ca orixe da palabra non sexan os alimentos que traen os ríos. Coma a deusa Ceres, a deusa Fortuna, ...

-Pois eu sospeito que Nabia de Vigo vén de Nabás.

-Nabás pode traducirse en celta por Na bás, da morte.

-Nabás é un lugar da parroquia de Priegue. Contoume un veciño de aquí que era o lugar onde os fillos levaban aos vellos pais para que morresen alí, en Nabás. Pero que un deles deuse conta que o mesmo que facía ao seu pai, farianlle a el e, despois de levalo, foino buscar e trouxo á casa.

Hoxe lin noticias e documentos que abranguen todo o mundo, nos que esa historia con manta e media manta por medio é practicamente universal da que fala, xa hai moitos anos, Marvín Harris como sistema de regulamento da poboación (dos infanticidios e máis concretamente dos infanticios das mulleres, porque so elas poden dar fillos e dos senicidios, que ainda que menos efectivos, si solucionan unha fame temporal, un momento de fame)

Harris, Marvin (y E. B. Ross). “La regulación de la población entre los primeros recolectores humanos”, en Muerte, sexo y fecundidad: La regulación demográfica en las sociedades preindustriales y en desarrollo. Alianza Editorial. Madrid 1991

Isto agora mesmo esta matizado porque os vellos aportan algo novo-os subsidios ou xubilacións, como conta Lisón:

La muerte de los ancianos sin conocimiento del médico ha sido lo normal, hasta muy recientemente y todavía se dan casos. Las respuestas que han dado los médicos a mis preguntas han sido tajantes: valgan dos ejemplos representativos: “hasta que comenzaron a cobrar el subsidio, los de sesenta años arriba morían siempre sin avisarme”. “hace unos doce años murieron tres ancianos sin que me llamaran. Eran pobres y los tenían arrinconados.
Desde que cobran el subsidio me llaman más”. El “vello” ya no es inútil en la casa. Un anciano me decía y la frase es también muy representativa: “sólo me queda morir, soy inútil en la casa y una carga para todos”

Que ten que ver isto con Celtia? A verdade que moito. Resulta que o nome celta do lugar acae perfectamente coa lenda milenaria de abandono dos vellos: Nabás é Da morte, o lugar no que se levan a morrer aos vellos, dos miles de nomes posibles, ten ese acaido perfectamente á lenda co acompaña.

No artigo Levar os vellos ao monte. El senicidio en la mitología gallega de Rafael Quintía que podedes atopar na rede non figura nin unha soa vez Nabás e si moitos lugares latinizados coma Pico dos vellos e outros que podedes ler alí. O impresionante é ver os 173 de lugares que existen en Galicia coma Nabás (sen ter en conta que faltan moitos concellos por rexistrar).

Nabás
TOPONIMO CONCELLO PARROQUIA
Xanabás ARTEIXO Monteagudo (San Tomé)
A Chousa dos Nabás ARZÚA Brandeso (San Lourenzo)
Fonte dos Nabás ARZÚA Brandeso (San Lourenzo)
Os Nabás ARZÚA Brandeso (San Lourenzo)
Os Nabás ARZÚA Pantiñobre (Santo Estevo)
Os Nabás ARZÚA Pantiñobre (Santo Estevo)
Os Nabás ARZÚA Burres (San Vicenzo)
Os Nabás BOQUEIXÓN Oural (Santa María)
A Corredoira dos Canabás FERROL Doniños (San Román)
Os Canabás FERROL Doniños (San Román)
A Volta de Nabás MAÑÓN Bares (Santa María)
Nabás MAÑÓN Mogor (Santa María)
Rego de Nabás MAÑÓN Mogor (Santa María)
As Nabás MONFERO Santa Xiá de Monfero (Santa Xiá)
Os Nabás PINO (O) Castrofeito (Santa María)
Agra de Canabás PONTECESO Niñóns (San Xoán)
Os Nabás SANTISO San Román (San Pedro)
Nabás Vellos BARREIROS Cabarcos (San Xulián)
Os Nabás CASTRO DE REI Bazar (San Pedro)
Os Nabás CASTRO DE REI Outeiro (Santa María)
Nabás CORGO (O) Paradela (San Fiz)
Nabás CORGO (O) Laxosa (Santiago)
Camiño das Nabás XOVE Sumoas (Santo Estevo)
Os Nabás XOVE Sumoas (Santo Estevo)
Os Nabás XOVE Xuances (San Pedro)
A Fonte dos Nabás MEIRA Meira (Santa María)
Fonte dos Nabás MEIRA Meira (Santa María)
A Leira de Tralosnabás PALAS DE REI O Mato (San Xoán)
Monte de Nabás PALAS DE REI Fontecuberta (Santa Mariña)
O Penedo dos Nabás PALAS DE REI Merlán (San Salvador)
Prado dos Nabás PALAS DE REI Coence (San Mamede)
Prados dos Nabás PALAS DE REI Augas Santas (San Xurxo)
Tras dos Nabás PALAS DE REI Ribeira (San Salvador)
Os Nabás POL Luaces (Santa María)
Os Nabás PORTOMARÍN Sabadelle (San Salvador)
Nabás SARRIA Ortoá (Santa María)
O Prado de Nabás SARRIA Ortoá (Santa María)
Os Canabás SARRIA Chorente (San Xulián)
A Rega dos Nabás TABOADA Vilar de Cabalos (Santa Eulalia)
Os Nabás TABOADA Vilar de Cabalos (Santa Eulalia)
Os Nabás TABOADA Couto (San Martiño)
A Canella dos Nabás CALVOS DE RANDÍN Randín (San Xoán)
Os Nabás CALVOS DE RANDÍN Lobás (San Vicente)
Os Nabás CALVOS DE RANDÍN Randín (San Xoán)
Os Nabás de Alén CALVOS DE RANDÍN Randín (San Xoán)
Os Nabás do Pena CALVOS DE RANDÍN Randín (San Xoán)
Os Nabás do Río CALVOS DE RANDÍN Randín (San Xoán)
A Ladeira dos Nabás CASTRELO DO VAL Servoi (Santa María)
Os Nabás CASTRELO DO VAL Piornedo (Santa Eufemia)
Os Nabás CASTRELO DO VAL Campobecerros (Santiago)
Os Nabás da Rega CASTRELO DO VAL Campobecerros (Santiago)
Os Nabás da Veiga CASTRELO DO VAL Parada da Serra (San Lucas)
Os Nabás do Lombeiro CASTRELO DO VAL Parada da Serra (San Lucas)
Rodeira dos Nabás CASTRELO DO VAL Piornedo (Santa Eufemia)
Tras dos Nabás CASTRELO DO VAL Piornedo (Santa Eufemia)
Os Nabás da Calzada GUDIÑA (A) Parada da Serra (San Lucas)
Os Nabás da Pereira GUDIÑA (A) Parada da Serra (San Lucas)
Os Nabás das Colmeas GUDIÑA (A) Parada da Serra (San Lucas)
Os Nabás LOBIOS Araúxo (San Martiño)
A Arribada dos Nabás MUÍÑOS Couso de Salas (Santiago)
A Touza dos Nabás MUÍÑOS Couso de Salas (Santiago)
Fonte dos Nabás MUÍÑOS As Maus de Salas (Santa Baia)
Os Nabás MUÍÑOS Prado de Limia (San Salvador)
Os Nabás MUÍÑOS Prado de Limia (San Salvador)
Os Nabás MUÍÑOS As Maus de Salas (Santa Baia)
Os Nabás MUÍÑOS Couso de Salas (Santiago)
Os Nabás MUÍÑOS Barxés (Santa María)
Os Nabás da Fonte MUÍÑOS Souto de Limia (Santa María)
Os Nabás da Fonte MUÍÑOS Couso de Salas (Santiago)
Os Nabás das Eiras MUÍÑOS Requiás (Santiago)
Os Nabás de Barrio MUÍÑOS Barxés (Santa María)
Os Nabás de Quintá MUÍÑOS Barxés (Santa María)
Os Nabás de Seoane MUÍÑOS Barxés (Santa María)
Os Nabás de Suasribas MUÍÑOS Couso de Salas (Santiago)
Os Nabás do Conde MUÍÑOS Couso de Salas (Santiago)
Os Nabás do Forno MUÍÑOS Requiás (Santiago)
Os Nabás do Forno MUÍÑOS Requiás (Santiago)
Os Nabás do Outeiro MUÍÑOS Couso de Salas (Santiago)
Os Nabás do Pau MUÍÑOS Requiás (Santiago)
Os Nabás do Regueiro MUÍÑOS Requiás (Santiago)
Os Nabás do Souto MUÍÑOS Souto de Limia (Santa María)
Poza dos Nabás MUÍÑOS As Maus de Salas (Santa Baia)
Os Nabás OÍMBRA San Cibrao (Santa Cruz)
Os Nabás de Baixo OÍMBRA Bousés (Santa Baia)
Os Nabás da Aira RAIRIZ DE VEIGA Sabariz (San Pedro)
Os Nabás da Aira RAIRIZ DE VEIGA Ordes (Santa María)
Os Nabás da Aira RAIRIZ DE VEIGA Guillamil (Santo André)
Os Nabás da Aira de San Pedro RAIRIZ DE VEIGA Sabariz (San Pedro)
Os Nabás da Barrosa RAIRIZ DE VEIGA Guillamil (Santo André)
Os Nabás da Cancela RAIRIZ DE VEIGA Ordes (Santa María)
Os Nabás da Cortiña RAIRIZ DE VEIGA Zapeaus (Santo Adrao)
Os Nabás da Cortiña RAIRIZ DE VEIGA Zapeaus (Santo Adrao)
Os Nabás da Fonte RAIRIZ DE VEIGA Sabariz (San Pedro)
Os Nabás da Fonte RAIRIZ DE VEIGA Guillamil (Santo André)
Os Nabás da Fonte RAIRIZ DE VEIGA Guillamil (Santo André)
Os Nabás da Moura RAIRIZ DE VEIGA Rairiz de Veiga (San Xoán)
Os Nabás da Pereira RAIRIZ DE VEIGA Candás (San Martiño)
Os Nabás da Pereiriña RAIRIZ DE VEIGA Candás (San Martiño)
Os Nabás da Touza RAIRIZ DE VEIGA Lampaza (Santa María)
Os Nabás de Casaldiz RAIRIZ DE VEIGA Rairiz de Veiga (San Xoán)
Os Nabás de Casares RAIRIZ DE VEIGA Ordes (Santa María)
Os Nabás de Riba RAIRIZ DE VEIGA Candás (San Martiño)
Os Nabás de Sa Nogueira RAIRIZ DE VEIGA Guillamil (Santo André)
Os Nabás de San Pedro RAIRIZ DE VEIGA Sabariz (San Pedro)
Os Nabás de Tras RAIRIZ DE VEIGA Lampaza (Santa María)
Os Nabás do Espiñeiro RAIRIZ DE VEIGA Ordes (Santa María)
Os Nabás do Forno RAIRIZ DE VEIGA Congostro (Santa Mariña)
Os Nabás do Forno RAIRIZ DE VEIGA Ordes (Santa María)
Os Nabás do Freixeiro RAIRIZ DE VEIGA Rairiz de Veiga (San Xoán)
Os Nabás do Nabal Grande RAIRIZ DE VEIGA Candás (San Martiño)
Os Nabás do Pozo RAIRIZ DE VEIGA Lampaza (Santa María)
Os Nabás do Rego RAIRIZ DE VEIGA Guillamil (Santo André)
Os Nabás do Río RAIRIZ DE VEIGA Candás (San Martiño)
Os Nabás do Río RAIRIZ DE VEIGA Guillamil (Santo André)
OS Nabás dos Carballos RAIRIZ DE VEIGA Guillamil (Santo André)
Os Nabás dos Cortizos RAIRIZ DE VEIGA Candás (San Martiño)
Os Nabás dos Sarabuxos RAIRIZ DE VEIGA Ordes (Santa María)
Os Nabás RAMIRÁS Penosiños (San Salvador)
Os Nabás da Ana RIÓS Trasestrada (Santo Estevo)
Os Nabás da Cal RIÓS Trasestrada (Santo Estevo)
Os Nabás do Cabo RIÓS Trasestrada (Santo Estevo)
Os Nabás Grandes RIÓS Trasestrada (Santo Estevo)
Tras dos Nabás RIÓS Rubiós (San Pedro)
Camiño dos Nabás de Abaixo SARREAUS Paradiña (Santa María Madanela)
Os Nabás da Cortiña SARREAUS Paradiña (Santa María Madanela)
Os Nabás da Fonte SARREAUS Paradiña (Santa María Madanela)
Os Nabás da Forxa SARREAUS Paradiña (Santa María Madanela)
Os Nabás da Lama Redonda SARREAUS Paradiña (Santa María Madanela)
Os Nabás de Abaixo SARREAUS Paradiña (Santa María Madanela)
Os Nabás de Poulos SARREAUS Lodoselo (Santa María)
Os Nabás de Santiago López SARREAUS Paradiña (Santa María Madanela)
Os Nabás do Brandín SARREAUS Paradiña (Santa María Madanela)
Os Nabás do Forno SARREAUS Paradiña (Santa María Madanela)
Os Nabás do Forno SARREAUS Paradiña (Santa María Madanela)
Os Nabás do Torto SARREAUS Paradiña (Santa María Madanela)
Os Nabás VEREA Sanguñedo (San Salvador)
Os Nabás da Aira VEREA Sanguñedo (San Salvador)
Os Nabás de Baixo VEREA Sanguñedo (San Salvador)
Os Nabás do Calletón VILARDEVÓS Fumaces e A Trepa (Santa María)
As Parras de Solnabás CALDAS DE REIS Bemil (Santa María)
Solnabás CALDAS DE REIS Bemil (Santa María)
Os Nabás CAMPO LAMEIRO O Couso (San Cristovo)
Os Nabás CANGAS O Hío (Santo André)
Río dos Nabás CANGAS O Hío (Santo André)
O Prado Nabás CERDEDO Quireza (San Tomé)
Os Nabás CERDEDO Folgoso (Santa María)
A Carballeira dos Nabás FORNELOS DE MONTES Oitavén (San Vicente)
Os Nabás FORNELOS DE MONTES Calvos (Santo Adrián)
Os Nabás de Baixo FORNELOS DE MONTES Oitavén (San Vicente)
Os Nabás de Riba FORNELOS DE MONTES Oitavén (San Vicente)
Susnabás LAMA (A) A Barcia do Seixo (Santa Ana)
Susnabás LAMA (A) A Barcia do Seixo (Santa Ana)
Susnabás LAMA (A) A Barcia do Seixo (Santa Ana)
Nabás MOAÑA Moaña (Virxe do Carme)
Nabás NIGRÁN Priegue (San Mamede)
Nabás Pequeno NIGRÁN Priegue (San Mamede)
A Barreira de Nabás OIA Mougás (Santa Uxía)
A Regueira do Nabás OIA Loureza (San Mamede)
Nabás OIA Mougás (Santa Uxía)
O Gurgú de Nabás OIA Mougás (Santa Uxía)
O Nabás OIA Pedornes (San Mamede)
O Nabás OIA Oia (Santa María)
Pista da Regueira do Nabás OIA Loureza (San Mamede)
Muños dos Nabás TOMIÑO Taborda (San Miguel)
Nabás TOMIÑO Taborda (San Miguel)
Nabás ARZÚA Dombodán (San Cristovo)
Nabás CESURAS Paderne (Santiago)
Nabás SARRIA Ortoá (Santa María)
Nabás SAVIÑAO, O Freán (Santa Cecilia)
Nabás, Os SOBER San Martiño de Anllo (San Martiño)
Nabás CENLLE Sadurnín (San Xoán)
Nabás IRIXO, O Cidá, A (Santa Mariña)
Nabás NIGRÁN Priegue (San Mamede)

Ademais de algún Navás mais.

As impresionantes esculturas de Dublín sobre a época de fame irlandesa do século XIX poden explicar perfectamente que eses costumes, que hoxe consideramos xustamente bárbaros, existisen na idade de cazadores recolectores galega, e fose tan ampla como implican tantos lugares Nabás por concello en Galicia e tiñan a funcionalidade de aviso: se pasas por un sitio chamado Nabás e ves a uns vellos famentos alí, non os atendas porque foi a súa propia familia quen os desafiuzou.